CÔTÉ, Geneviève (2011).
Sin ti. Trad. R. Pérez. Barcelona: Editorial Almadraba, (ISBN: 978-84-15207-92-4).
Sin ti é un álbum ilustrado de Geneviève Côté e traducido por
R. Pérez. Conta con tapa dura e dimensións de 22.5 x 25 cm e presenta unha cuberta
de cor celeste. Na parte superior da mesma concéntrase o texto, indicando nel o
título con letras de gran tamaño e en dúas cores, a palabra “Sin” en cor branca e “ti” en cor negra. Podemos ver que, no
título, non só varía a cor, senón que tamén o fai o formato da letra, o que se
debe, na miña opinión, a que a forma de escribir cada palabra reflicte a
personalidade de cada un dos protagonistas. Debaixo do título está o nome da
autora en cor negra e nunha tipoloxía de letra simple. O espazo sobrante está
dedicado aos protagonistas da historia, un coelliño e un porquiño, que neste
caso aparecen ilustrados nunha actitude de enfado, sentados no chan de costas
un co outro e de brazos cruzados. Porén, as sombras que proxectan encóntranse
cara a cara, reflectindo así o que estes dous personaxes desexan, que é volver xogar
xuntos. Esta ilustración ocupa máis da metade do espazo da cuberta e parece
debuxada con ceras e coloreada con acuarelas.
Na contracuberta,
tamén de cor celeste, a metade superior da superficie é ocupada por outra
ilustración. Neste caso aparecen os protagonistas xogando na herba, o porquiño
enriba dun carriño e o coello tirando deste. Ambos aparecen sorrindo e pasándoo
ben. Na metade inferior da contracuberta concéntrase un texto que se divide en dúas
frases que aparecen na historia (“Ya no quiero jugar más contigo” e “¡Muy
bien! A mí me da igual”) coma no caso da portada, cada unha destas frases
aparece escrita cunha tipoloxía de letra diferente: a primeira, dita polo
coelliño, está escrita cunha letra que se asemella á feita co ordenador e de
cor branca e, a segunda, dita polo porquiño, parece feita a man e é de cor
negra. Debaixo destas dúas frases atopamos un pequeno resumo da historia cunha
letra branca e de pequeno tamaño. Por último, cara ao final da contraportada
podemos ver o logo da editorial Almadraba e o código de barras do libro.
Xa
no interior, tanto as gardas iniciais coma as finais seguen sendo de cor
celeste e están cubertas de trazos brancos que parecen feitos cunha cera ou cun
xiz. A páxina de dereitos achega información relevante como o ISBN ou o
número do depósito legal, así como os datos da editorial. Ocupando unha parte
da páxina temos unha dedicatoria da autora á que acompaña o debuxo dunha ra
perseguindo unha bolboreta. A portada é de cor branca e outra vez conta
co título e o nome da autora, escrito do mesmo xeito que na cuberta e, no
centro da páxina, unha ilustración na que aparecen as personaxes tirando dun
carriño cheo de xoguetes. Na parte inferior figura a imaxe que representa á
editorial.
A
disposición de cada dobre páxina é co texto que se relaciona con cada personaxe
disposto na páxina onde aparece este, é dicir, no lado esquerdo amósase sempre
ao coelliño branco e con el o seu texto, no lado dereito está o porquiño co
outro fragmento de texto. As letras son de cor negra e cada frase aparece cunha
tipoloxía diferente. Respecto ao fondo, sempre é de cor branca. As ilustracións,
a toda páxina, debuxadas con cera negra e coloreadas con acuarelas ou témperas,
representan o dito no texto e centran a importancia nas dúas personaxes, xa que
a súa representación ocupa a maior parte do espazo. Na última páxina
represéntanse aos dous no mesmo lado xogando xuntos.
Desde
o punto de vista do argumento, este álbum ilustrado achégalle ao
lectorado a historia de dous amigos, o porquiño e o coelliño, que debido á
personalidade tan diferente que teñen, un día enfádanse e deciden non xogar
xuntos nunca máis. Segundo avanza a historia, cada un vai comprendendo que, a
pesar de que poden facer as mesmas cousas ca antes, é moito máis divertido
facelo co seu amigo.
O
texto está composto por diálogos e non conta con narrador. Aparece sempre en
cor negra e situado na páxina onde se atopa a personaxe que fala. As personaxes son dúas:
· Coelliño: fisicamente, o coelliño é de cor branca, con longas orellas
nas que aparecen partes rosiñas. Na súa cara aparece un rubor ao redor das súas
meixelas e o seu nariz. Respecto ao seu carácter, amosa ser tranquilo e gústalle
ler e pintar.
·
Porquiño: respecto ao seu aspecto físico non podemos destacar ningún
detalle fóra do común, xa que está representado coma un porco normal, de cor
rosa co rabiño enroscado, pero da súa personalidade podemos dicir que é moi
inquedo. Gústalle facer carreiras, tocar instrumentos de música e cociñar.
Potencialidades
educativas:
A lectura deste álbum ilustrado dende a dimensión
lúdica mostra a posibilidade de realizar actividades nas que xeralmente
participa unha soa persoa pero que se poden adaptar para que participe máis dun
e desta forma compartir o tempo cos nosos amigos, como pode ser ler, isto é
algo que adoitamos facer sós, pero tamén podemos ler en alto para un amigo. Deste
modo a lectura desta obra axúdanos a traballar temas como a amizade e a necesidade
de axudar e compartir o noso tempo coas persoas que queremos. Dado que é un
libro moi visual, propicia a súa comprensión a través da lectura visual das
imaxes,
especialmente pola súa capacidade de suxestión e interpretación. Ademais, transmite valores como o respecto polos demais, así como polos seus gustos.
especialmente pola súa capacidade de suxestión e interpretación. Ademais, transmite valores como o respecto polos demais, así como polos seus gustos.
Pareceme unha boa obra para traballar na aula cos nenos e nenas de educación infantil, xa que con historias así podemos traballar dende a lectura a importancia que ten a amizade, e que facer as cousas de forma cooperativa resulta máis divertida e moito máis dinámica, a vez que podemos aprender uns dos outros.
ResponderEliminar