“PEPITA ES ESPECIAL “
ARROYO, F. y GUTIERREZ, I. (2018). Pepita es especial. Madrid: Beascoa. (ISBN: 978-84-48-85-16-62).
Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de Fabiola Arroyo (Miranda, 1971), impreso en papel coa posibilidade de obtelo en tapa dura, recomendado para nenos e nenas de entre 4 e 6 años con 48 páxinas. Na cuberta aparece una nena cun vestido de cor marrón cunha chaqueta de cor vermella. A nena ten o pelo curto e un lazo de cor vermella suxeitando o pelo, ademais duns zapatos e uns lentes todos vermellos. Detrás aparecen máis nenos e nenas con diferentes indumentarias e de diferentes idades e alturas. Ademais da imaxe aparece o título co nome da nena en formato mais groso có resto das palabras, mentres que na parte inferior aparece o nome das autores e da editorial. Tanto as imaxes coma o título aparecen sobre un fondo branco con triángulos de diversas cores de tons claros. Este álbum conta cunha sobrecamisa, na que se coloca unha foto de Pepita, a nena na que está inspirada a historia, e o texto: “Pepita es una niña que ha conquistado a todos en Instagram”.
Na contracuberta aparece de novo a nena con un traxe de baño branco con raias azuis, pero neste caso leva dúas coletas e semella estar na praia. Na parte superior da imaxe aparece un texto que fala sobre o especial que é Pepita, máis alá do cromosoma que a caracteriza. O fondo sobre o que se proxecta o texto é de azul con triángulos de cores. No fondo á dereita encontramos de novo o nome da editorial e o ISBN do libro. As gardas presentan un fondo branco con triángulos de cores, que na final se completa cunha dedicatoria para Pepita e un agradecemento á editorial pola publicación do libro. As imaxes do interior son moi sinxelas, todas sobre un fondo branco, e con Pepita e a súa familia ou os seus amigos en diferentes contextos, destacados en cores vivas e moi alegres, que transmiten estados anímicos e a felicidade desta nena.
O texto é sinxelo, breve e cunha estrutura lineal, de carácter argumentativo e cun vocabulario comprensible para os mais pequenos. A historia xira ao arredor do nacemento de Pepita, unha nena con Síndrome de Down, da que a súa irmá maior, Fabiola, relata porqué é especial. O texto pretende explicarlles aos máis pequenos que todos somos diferentes e que o único que precisa Pepita son revisións médicas cada certo tempo e un pouco de axuda para realizar algún tipo de acción.
Potencialidades: a lectura deste álbum permítenos traballar a diversidade, en concreto a diversidade funcional a través do Síndrome de Down. Desta maneira poderemos explicarlle ao noso alumnado que todos somos diferentes, característica que temos que normalizar. Tamén se pode traballar a colaboración e cooperación entre os diversos alumnos e alumnas para axudar a aquela persoa que o necesite. Por último, a lectura desta historia fomenta a empatía e a consciencia sobre a inclusión e a solidariedade coas persoas que teñen necesidades específicas. Ademais, dar a coñecer estas realidades
permite normalizar o Síndrome de Down, darlle visibilidade e eliminar medos e prexuízos.
Traducións/premios/recursos: este volume foi recoñecido na quinta edición dos “Premios Valores del Papel”.
Tamén podemos encontrar en Youtube o álbum contado pola irmá maior da protagonista en: https://www.youtube.com/watch?v=KjyBXN4V730 (consultado o 26/4/20).
Vídeo sobre o Síndrome de Down:
https://www.youtube.com/watch?v=qRy5HnkwfAw (consultado o 26/4/20), no que unha asociación ofrece información sobre o Síndrome de Down a nivel biolóxico e contan o conto de Pepita. Este recurso serve para moitos pais e nais que non teñan moita información e para os nenos e nenas concienciarse sobre a diversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario