mércores, 20 de maio de 2020

¿Onde perdeu Lúa a súa risa?



Sánchez, Miriam (2001) Onde perdeu Lúa a risa? ilust. Federico Fernández, Pontevedra: Kalandraka (ISBN: 978-84-8464-080-6).

Descrición do formato: álbum ilustrado de Miriam nchez con ilustracións de Federico Fernández, de forma cadrada e capas de cartoné. Está composto por 40 páxinas e na cuberta aparecen os dous protagonistas da historia en fronte dunha lúa chea xigante, xunto co título da obra, que adopta a forma circular desta. Na contracuberta atópase un fondo azul coma se estivese pintado con témpera e o logo da editorial na parte inferior esquerda. As ilustracións son a dobre páxina e o texto sitúase en fronte delas. Estas representan paisaxes, persoas e animais de xeito caricaturesco, representando algunhas veces trazos de forma esaxerada. 

Descrición do contido: A historia xira ao redor dunha nena chamada Lúa, que perdeu a súa risa polo que o seu irmán maior decide comezar unha viaxe para atopala. Este vai preguntándolle a todos os animais se saben algo sobre onde se atopa a risa de a, ata que chega a curuxa que lle entrega unha pluma e dille que esa é a ferramenta para que a súa irmá volva rir. 

Potencialidades: a lectura deste álbum ilustrado propicia traballar aspectos como os animais, as onomatopeas e a resolución do enigma da desaparición da risa. Tamén é interesante abordar a relación entre irmáns

Ningún comentario:

Publicar un comentario