xoves, 14 de maio de 2020

Te quiero (casi siempre)




Llenas, Ana (2015): Te quiero (casi siempre), Madrid: Espasa Infantil, [52 pp.]. (ISBN: 978-84-6704-370-9). 


Descrición, formato e contido: álbum ilustrado de lectura convencional. No seu formato físico (cuxas dimensións son: 27x27 cm) ten unha cuberta de cartoné, onde figuran os protagonistas do conto, Lolo e Rita, voando cun fondo azul que semella o ceo, aparece tamén o título do conto e o nome da autora e ilustradora, Anna Llenas. Nas gardas observamos unhas ilustracións que semellan uns ovos, ou se cadra unhas nubes. É importante destacar que estas ilustracións son fotografías nas que aparecen as personaxes e todos os elementos están feitos en cartón e papel de distintas cores. No interior aparece a páxina de título de créditos coa información da edición e a portada cos mesmos datos da cuberta sobre fondo branco.
Nesta historia preséntase a dous personaxes, Lolo e Rita. Lolo é un bicho la e Rita é un vagalume. Eles son moi diferentes e gústanlles cousas distintas, pero quérense moito pese ás diferenzas. Amósanos un amor moi diferente ao doutros contos, onde todo parece perfecto e non hai problemas, aínda que en realidade se producen tensións e desencontros debidos ás personalidades diferentes que caracterizan ás personaxes, que aprenden a respectarse e aceptarse tal e como son.


Potencialidades: entre as potencialidades da lectura desta obra salienta o respecto polas diferenzas individuais e persoais. O amor que amosa a obra non ten porque ser un amor de parella exclusivamente, senón amor entre persoas, amigos e amigas, familias etc. Outra potencialidade é aprender a ser comprensivos, saber perdoar e aceptar as particularidades. 


Traducións a outros idiomas e recursos:
O idioma orixinal do conto é o castelán: Te quiero (casi siempre), aínda que tamén ten tradución ao catalán. Entre os recursos que podemos atopar sobre este conto eliximos unha canción, Te quiero (casi siempre) la canción, de Anna Llanas e Yo soy ratón (Manu Rubio), podemos atopar tamén un novo formato do conto en pop-up e materiais descargables na web da autora.



Ningún comentario:

Publicar un comentario