Díaz Reguera, Raquel (2015). Yo voy conmigo. Ilust. da autora. Barcelona: Thule, [40pp.]. (ISBN: 978-84-1535-784-1).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encuadernado en cartoné cunhas dimensións de de 17x24cms. Na parte superior da cuberta pódese observar o título do libro en maiúsculas e xusto debaixo o nome da autora, no centro hai un debuxo da protagonista con todas aquelas cousas que a caracterizan e fan especial. A imaxe da protagonista que aparece ao longo do álbum é sempre igual á que aparece na cuberta, pero a medida que avanza a historia van desaparecendo atributos que a caracterizan. Ao principio as ilustracións son moi coloristas, con preodminio dos tons cálidos pero a medida que a protagonista comeza a estar algo deprimida os tons cálidos susbtitúense polos grises. As ilustracións amplían a información aportado polo texto, xa que grazas a ela vemos a como evoluciona a protagonista pasando da felicidade á tristeza.
Dende o punto de vista do contido, no álbum cóntase a historia de Sol, unha nena que está namorada de Martín, pero este nunca a mira nin se fixa nela. Así que os amigos de Sol aconséllanlle que vaia cambiando o seu aspecto para que Martín se fixe nela. Así, Sol quita as coletas, as gafas, perde o sorriso… ata que deixa de ser ela mesma e xa non se recoñece.
Potencialidades educativas: este álbum é un bo recurso para traballar a autoestima e facerlles ver aos nenos/as que non debemos deixarnos influenciar polos demais. Coa súa lectura podemos traballar cos nenos/as a importancia de aprender a quererse e aceptarse tal e como somos, xa que de nada serve gustarlle aos demais se para iso temos que deixar de ser nós mesmos. Tamén se lles pode ensinar aos nenos/as que o amor (sexa do tipo que sexa) vai máis alá da aparencia física, valorando das persoas os seus valores, condutas, sensibilidade, empatía e forma de ser en xeral.
Recursos de interese:
Adaptación teatral de nenas e nenos do CEIP San Plácido (2019), en https://www.youtube.com/watch?v=JjPQWkRK85E
Guías Ubuntuland. Nesta guía podemos atopar varias dinámicas e actividades relacionados con esta obra, en https://ubuntuland.com/yo_voy_conmigo/files/assets/common/downloads/publication.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario