Mejuto, Eva (2002). A casa da mosca chosca, Ilustr. Sergio Mora, Pontevedra: Kalandraka, (a partir de 3 anos), [40 pp.]. (978-84-8464-155-1).
Descrición do formato: álbum ilustrado de forma cadrada e tamaño 22x22 cm., composto por 40 páxinas e encadernación de tapa dura. A cuberta é vermella e nela podemos observar, na parte superior, o título da obra escrito con letras negras, destacando as palabras “mosca” e “chosca”. Tamén podemos observar a representación da protagonista, a mosca, na parte central. Debaixo das patas traseiras da mosca e nun tamaño de letra máis pequeno aparece o nome da autora e do ilustrador e no centro o nome da editorial. Na contracuberta, tamén cun fondo vermello, podemos observar no alto dun outeiro a casa da mosca chosca. Na marxe superior esquerda aparece o nome da colección “libros para soñar”.
Descrición do contido: Este conto narra a historia da mosca chosca que vivía no bosque. Esta estaba farta de vivir soa, así que decide construír unha casiña para descansar. Celebra unha grande inauguración e para iso fai un pastel de amoras e coloca sete cadeiras e sete pratos na mesa, para todos os seus amigos. O álbum componse da estrutura tradicional composta por introdución, onde se presenta o personaxe principal, o desenvolvemento, onde se conta como transcorre a historia, e o desenlace, onde ocorre algo inesperado.
As ilustracións son representacións extravagantes dos personaxes, con moito colorido, detalles e desproporcións. As imaxes ocupan gran parte da páxina deixando nun segundo plano o texto. Este está nas páxinas pares, na maioría dos casos. Utilizan a cor negra e letras minúsculas salvo cando o autor quere destacar algunha palabra que emprega maiúsculas. Todos os textos están escritos en negro empregando diferentes tamaños para resaltar algúns momentos. É importante destacar que se inclúen onomatopeas, grazas a elas podemos chamar a atención dos lectores e facer máis verosímiles as intervencións de cada un dos animais. A linguaxe empregada é sinxela, o que facilita a súa comprensión. No texto inclúense rimas, repeticións e acumulacións. Tanto as ilustracións como as onomatopeas resultan moi reveladoras do contido e do estilo humorístico que domina a obra.
Potencialidades: a lectura deste conto permítenos traballar diferentes conceptos, como son os números cardinais e ordinais, os nomes dos diferentes animais que aparecen na historia, os diferentes tamaños (grande-pequeno), rimas e xogos fonéticos. Polo tanto, debemos ter en conta, que é un conto ao que se lle pode sacar moito partido, xa que traballas diferentes conceptos cun mesmo recurso e dunha maneira diferente e divertida. O conto ten moito ritmo, rimas e repeticións, o que fai que os/as nenos/as presten atención e o memoricen con facilidade.
- Burela, Roberto. [Taxi Roberto Burela]. (2017, novembro, 14). "A CASA DA MOSCA CHOSCA" - (CONTOS EN GALEGO). [Arquivo de vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E (consultado o 21/04/2020)
Esta é unha moi boa obra para ver en Educación Infantil, xa que como moi ben di Asun permite traballar con ela moitos aspectos como son os números, os animais e mais que menciona.
ResponderEliminarBaixo o meu punto de vista tamén añadiría a amizade, xa que no libro dase a entender que ao entrar todos na casa da mosca a merendar se fan amigos.
Para finalizar dicir que é unha obra moi visual que aos nenos e nenas lles gusta moito, e que da pé a despois de lela seguir traballando con ela de moitos xeitos, como pode ser por exemplo preguntando que lles pareceu os nenos e nenas o comportamento do último animal ou se o ven ben feito.