GIL, Carmen (2007).
O sorriso de Daniela,ilust. Rebeca Luciani,
trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka. [40pp.]. (ISBN: 978-84-8464-634-1).
Descrición do
formato e contido:álbum ilustrado con texto de CarmenGil, ilustracións de RebecaLuciani
e tradución de Manuela Rodríguez. A autora é profesora e escritora de libros
infantís e tamén imparte charlassobre poesía e animación á lectura para pais e
mestres/as. O álbum estáencadernado en cartoné cunhas dimensións de 21 x 28 cm
e contén 40 páxinas. O libro esta dispoñible en galego, castelán, catalán e
portugués. Tanto na cuberta e contracuberta podemos observar unha imaxecontinua,
na que aparece un raposo sorrindo e a protagonista do conto enriba. O álbum está
cheo de colores vivos e podemos ver os detalles das ilustracións en cada escena.
A historia aparece repleta de figuras literarias alegres. Dende o punto de
vista do contido, preséntase a Daniela que emprende un camiño co seu sorriso
voador, que vai cruzándose con distintos seres, aos cales lles vai transmitir
un sorriso. Os seus antagonistas sona hipopótama, o chimpancé, a
elefanta, a avestruz e o chacal. Este deben cambiar o seu mal humor e carácter desagradable
por una actitude positiva, ao que axudará unha boa dose de autoestima e
tenrura.
Potencialidades: a lectura
deste álbum permite traballar os estados de ánimo e a autoestima. É un relato
cheo de alegría, tenrura e positivismo. A través deses elementos podemos
ensinar ás nenas e nenos a importancia que ten ser felices e que nos queiramos
tal como somos, aspecto fundamental que deben aprender dende as idades máis
temperas. Do mesmo xeito, tamén é preciso reflexionar con eles sobre estes
valores que nos ofrece o conto, xa que para o seu futuro é beneficioso. Por
outra banda, podemos traballar as emocións para que aprendan a diferenciar
unhas das outras e expliquen como se senten respecto a situacións ou vivencias.
Recursos educativos:
Páxina web da ilustradora Rebeca Luciani: https://www.rebecaluciani.es/la-sonrisa-de-daniela/ (consultado
o 21/04/2020)
Canción inspirada no conto: https://www.youtube.com/watch?v=bLms93Wymq8 (consultado
o 21/04/2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario