Fiz
coleccionista de medos
Casalderrey,
Fina (2009). Fiz, o coleccionista de medos, ilust. Teresa Lima,
Pontevedra: OQO, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-207-0).
Descrición do
formato e contido da obra: albúm ilustrado de cartoné da autora Fina
Casalderrey e ilustrado por Teresa Lima. A cuberta móstranos unha
representación de tres dos medos sinalados no conto sobre un fondo azul. Na
contracuberta podemos observar outra representación dun medo sinalado na obra.
En canto ás gardas, tanto as iniciais como as finais, amósanos o mesmo medo en
tamaños diferentes, primeiro máis grande e despois máis pequeno. Na portada,
aparece a representación dun guindastre suxeitando o sol e a lúa, mentres que o
título aparece en grande con letras negras.
Dende o punto
de vista do contido, nárrase a historia dun neno que tiña tantos medos
que decide coleccionalos e gardalos nun baúl. Un día convidou aos seus amigos a
gardar os seus medos nun baúl e descobren que eles tamén teñen outros medos.
Finalmente deciden dedicarse a atrapar medos e os seus vanse facendo cada vez
máis pequenos.
O álbum
presenta imaxes a toda páxina, acompañadas dun breve texto que aparece sempre
nunha esquina da páxina e en cor negra para facilitar a súa visualización.
Recórrese ao emprego da letra grosa para destacar algunhas palabras. As cores
que predominan son cálidas, aínda que cunha gran variedade.
Potencialidades:
a lectura desta obra permite traballar na aula o tema dos medos e
inseguridades propias da infancia. Coñecer a historia de Fiz permite
reflexionar sobre a relevancia de aprendermos a nos enfrontar aos nosos medos,
nun proceso necesario de autocoñecemento. A historia tamén permite fomentar o
diálogo e a expresión dos sentimentos e emocións de cada un de nós ante
situacións diferentes.
Recursos:
Considero que é un recurso moi útil para tratar os medos dos nenos e nenas na etapa de Educación Infantil. Ademais, hai que ter en conta a axuda que pode supor para algúns destes o traballo desta temática no ámbito persoal. Deste xeito, poden verse identificados cun protagonista que pode levalos a superar os seus propios medos. Creo que pode ser unha boa opción tanto para o traballo nas aulas coma en casa.
ResponderEliminar