Núñez Pereira, Cristina e R. Valcárcel, Rafael (2016).
Emocionario,trad. Leandro García Bugarín, Madrid: Palabras aladas.(96 pp. )
(ISBN: 978-84-941513-9-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: É un libro de cartoné
cos ángulos rectos. Traducido ao galego por Leandro García Burgarín. Na cuberta
encontramos o título, o nome dos ilustradores que participaron nesta edición e
da editorial. Tamén podemos ver unha figura de cores verdes e rosas co fondo
gris, formado por formas xeométricas e con ollos, beizos, un raio, un corazón e
una estrela, o que crea curiosidade por saber que contén o volume. Na
contracuberta pódese apreciar que as figuras xeométricas forman a cabeza dun
elefante coa trompa cara a arriba e tamén destacar que hai debuxado un pétalo
de cores que representa as emocións, temática central da obra. Na portada
aparece o título e o nome da editoria, seguidos dun breve prólogo sobra a
importancia das emocións. O contido do volume son corenta e dúas emocións
descritas de modo sinxelo para poder identificalas. É un álbum ilustrado con
texto narrativo necesario que complementa as ilustracións, na que se esixe a
implicación do lector para identificar as diferentes emocións das que o
narrador nos vai falando en cada páxina. A medida que se vai lendo o libro
podemos ver que utiliza o encadeamento para enlazar unha emoción coa emoción
seguinte. Este álbum conta cun campo semántico adaptado ao lectorado potencial,
nenos e nenas, así como os mediadores, necesarios para facilitar a comprensión
e a lectura. Nas ilustracións podemos
ver que conta con animais e seres da natureza como poden ser árbores, para
identificar cada emoción. Ademais nelas utiliza as ceras como material de
pintura.
Potencialidades formativas: a lectura desta obra
permite que os nenos e nenas teñan coñecemento de cada emoción ademais de saber
identificalas e diferencialas. As ilustracións xogan un papel fundamental para
facilitarlles aos nenos e nenas un maior coñecemento de si mesmo e de cada unha
das emocións que se describe. Esta obra é un excelente recurso como ferramenta
de consulta para abordar a educación emocional.
Recursos educativos:
Lectura da obra a partir das imaxes, en Haz tuyo el
cuento (2018): https://www.youtube.com/watch?v=SuAZBeUtDBc (consultado o 23/4/2020)
Taller sobre as emocións en Palabras Aladas (2014): https://www.youtube.com/watch?time_continue=31&v=ykFE7g4VrTI&feature=emb_logo (consultado o 24/4/2020)
Estupendo recurso tanto para os nenos e nenas como para mestres/as, sobretodo pola perspectiva de presentar as diferentes emocións a partir de elementos naturais e de forma moi visual. En xeral paréceme que a educación emocional é unha área bastante abandonada en educación infantil, pero este álbum resulta unha boa ferramenta para introducila nos contidos de xeito diferente e motivador para os pequenos/as.
ResponderEliminar