Chaud, B. (2016). El peor cumpleaños de mi vida. Trad.
Esther Rubio. Madrid: Kókinos [36 pp.]. (ISBN: 978-84-16126-67-5).
Descrición do formato e do contido: obra de tapa dura cunhas
dimensións de 34 x 22 cm. Na cuberta podemos ver un neno triste subido a unha
árbore xunto coa súa mascota, que é un coello; na contracuberta aparece o mesmo
neno, agora menos triste cun regalo na man e ao lado do seu coello que está
sentado nun sofá vermello, encima do cal atopamos unhas bandeirolas. Ambas as
imaxes adiantan información sobre a historia do relato. As gardas inciden na
temática da cuberta e contracuberta ao se presentaren cheas de bandeirolas de
todos os colores. Na portada podemos ver ao neno xa plenamente feliz celebrando
algo ao lado do seu coello, ademais do título da obra.
O contido que narra esta historia xira ao
redor dun neno que tras sentirse só e avergoñado nunha festa, descobre o que
realmente é a amizade. O protagonista vai á festa da súa “noiva” pero dende o
momento que entra séntese cada vez máis avergoñado, entón decide saír da festa
e subirse a unha árbore. A rapaza vendo como estaba o seu amigo, decidiu saír a
onda el e darlle os ánimos que precisaba. Resulta de interese indicar que non
se menciona o nome do neno, aínda que si se sabe que a súa “noiva” se chama
Julia e o seu coello, Manoplas.
As
imaxes do interior da obra son moi narrativas, polo que permiten seguir a
historia de modo visual, complementada por un texto moi sinxelo.
Potencialidades: a lectura desta obra permite traballar
a amizade e a vergoña, emoción que nalgúns casos pode representar un problema
para a socialización dos máis novos.
Tamén se pode reflexionar sobre o
consumismo e o valor que se lle dá aos obxectos materiais, fronte a outros
valores como os afectivos.
Nesta obra tamén se abordan outras cuestións como a
autoaceptación, a asunción dos erros e a busca da felicidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario