LÓPEZ, S. y HERRERUELA, P.
(2019). Una princesa de diferente color. España: Excellence Editorial,
[28 pp.]. (ISBN: 978-84-120105-4-1).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con tapas duras
feitas de cartoné, consta de 28 páxinas e conta cun tamaño de 21x21
centímetros. Este conto é recomendado para idades a partir dos 3 anos. Na
cuberta aparece unha nena, que é a protagonista e narradora da obra, vestida
cun vestido rosa e cunha coroa encima do seu cabelo castaño, simulando un
vestido de princesa, sobre un fondo azul celeste. Na contracuberta aparece a
sinopse da obra sobre un fondo azul celeste igual ao da cuberta. Tanto a
cuberta coma o título dannos información sobre o tema da obra. En canto ao
contido da obra podemos apreciar que as ilustracións se cinguen a cada páxina
individual, que son de estilo figurativo, con
todo tipo de cores, aínda que a predominante é a cor rosa. Pódense destacar as
expresións faciais dos personaxes, pero sobre todo da protagonista e do seu
pai, que ademais, están presentes en todas as páxinas da obra.
O texto é sinxelo e con frases
doadas para a comprensión do alumnado. Os roles de xénero compoñen o tema
central da obra, na cal, segundo o pai da protagonista, todas as princesas
teñen que vestir cun vestido rosa e ver filmes de príncipes encantadores, feito
que a súa avoa nega. Polo tanto a protagonista cómpralle uns lentes “diferentes” ao seu pai e comeza a vela como realmente
é. Así, a protagonista consegue vestir e facer o
que máis lle gusta, como debería facer todo o mundo, independentemente do sexo
de cada un.
Potencialidades: a
lectura desta obra permite traballar
cos nenos e nenas máis pequenos e pequenas os roles de xénero, para eliminar
actitudes e estereotipos vinculados ao sexo, e que seguen vixentes na sociedade
actual, sobre todo na vestimenta durante a infancia. Tamén se poden traballar
outras temáticas como os xogos, as habilidades, as actividades de ocio, así
como as profesións e as aspiracións de cada un ou o aspecto físico.
Recursos:
Aprenderconellos (2020). Una princesa de diferente color.
Recuperado de: https://www.instagram.com/tv/B-wHsQ-pusr/?utm_source=ig_web_copy_link (consultado o 26/4/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario