- Referencia bibliográfica:
Mejuto,
Eva (2014). Maruxa, ilust. Mafalda Milhões. Pontevedra: OQO, col. Egalité, [28
pp.]. (ISBN: 978-84-9871-490-6)
- Breve descrición do formato e do contido:
Album ilustrado escrito
por Eva Mejuto e ilustrado por Mafalda Milhões. Orixinalmente, este álbum, está
baseado nunha canción popular polaca chamada “Maryna gotuj pierogi”. O libro é
cadrado e de tapa dura de cartoné, tamén conta cun total de 28 páxinas. Na
cuberta atópase a figura representativa de
Maruxa con distintos materiais para elaborar pan como fariña, culleres, sal,
báscula etc. Destaca o título do álbum, que remite á protagonista, en letras
de cor vermella maiúsculas, enriba do que
aparecen os nomes da autora e da ilustradora, mentres
que na parte central está o nome da editorial. Na contracuberta atópase
o debuxo de Maruxa e o seu marido Pepiño xunto co can de ambos, sentados nunha
manta no campo comendo pan.
O conto está narrado en terceira persoa e escrito en versos de seis sílabas
porque busca manter o ritmo orixinal da canción. As ilustracións son
figurativas, véselle na cara aos protagonistas as emocións que senten. Maruxa é
una muller que aparece modernizada para a súa idade porque atopamos
dispositivos electrónicos nas ilustracións. Xoga cos tons da paisaxe, dende o ceo
á mañá cedo como á
noitiña. Maruxa é unha señora que decide darlle unha lección ao seu marido. El pasaba o día na cama e facendo o
folgazán e ela era quen cociñaba, cosía e facía os
labores da casa, ata que un día todo cambiou: Pepiño
pediulle a Maruxa que lle fixera o almorzo e ela, con retranca, decidiu darlle
unha lección. Ao final Pepiño rematou axudando a súa muller a facer o pan.
- Potencialidades educativas:
A lectura deste álbum
permítenos traballar os roles de xénero, de como
a muller traballa na casa e fóra dela. Así como tamén a distribución
das tarefas da casa no
ámbito da familia, vendo que é a muller a que se encarga de todas as
tarefas e como o home lle esixe dende o sofá que faga o pan. Destácase tamén o traballo en grupo ou neste caso en
parellas, vendo que se cada membro aporta o seu traballo se pode atopar un equilibrio entre os membros da familia. Esta
obra tamén permite traballar a linguaxe, especialmente
pola forma rimada e as reiteracións, recurso moi eficaz para a aproximación lúdica á lectura dos máis cativos.
- Recursos educativos:
“Stop motion” do CEIP Do Carballal de
Marín https://www.youtube.com/watch?v=VuX6KG472qc.
Publicado o 9 de maio de 2019 (consultado o 4 de abril do 2020)
Encántame este conto debido a que esta xenial para traballar os roles de xénero e a igualdade de xénero pola que as mulleres deben loitar. Outro aspecto que me gusta e que e diferente a hora de estar escrito xa que se encontra en verso. Como aspecto de mellora gustaríame ver algunha imaxe do interior do libro e engadiríalle que este conto esta dramatizado por uns nenos e nenas de 1º e 2º de primaria en Radio Rosiña: https://www.ivoox.com/conto-dramatizado-maruxa-eva-mejuto-audios-mp3_rf_33838853_1.html
ResponderEliminarTamén se podería mencionar que foi premiado na categoría "Best Illustrations Cookbook" co título de: "Cookbook Gourmand 2014".