Brenman, Ilan (2017). El libro secreto de las princesas que
también se tiran pedos, ilust. ZilbermanIonit, Valencia: Algar, [ 32 pp.].
( ISBN: 978-84-9142-053-8).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado do autor
Ilan Brenman. O libro presenta un formato de tapa dura, encadernado en cartoné e
cunha estrutura cadrada. Na cuberta atopamos unha ilustración a media páxina da
protagonista da obra, Laura, botando man do elemento principal sobre o que
transcorre a historia, un libro. A ilustración vén acompañada polo título da
obra, o nome do autor, ilustrador e o grupo editorial. Na contracuberta podemos
ler unha pequena introdución sobre o contido da obra, acompañada dunha
referencia non explícita doutra obra anterior e semellante, Las princesas también se tiran pedos. Nesta
obra, Laura e o seu pai comparten unha experiencia íntima centrada na lectura.
Agora Laura xa medrou e esta segunda obra desenvólvese como unha continuación
da anteriormente citada. Por outra parte, tamén atopamos o grupo editorial e o
código de barras. Finalmente no lombo aparece o título da obra e a editorial.
O
conto está composto por un total de 32 páxinas numeradas. Ao introducirnos no
libro atopamos a portada co título da obra enmarcado sobre unha ilustración, o
nome do autor, o ilustrador e por último na parte inferior o grupo editorial. A
continuación atopamos as gardas, dúas páxinas continuas nas que se recolle
información sobre o libro como o ano de edición, autor, grupo editorial, ISBN,
etc, acompañada dunha ilustración que se repite nas dúas páxinas, representando
unha biblioteca. Tamén podemos ler unha pequena dedicatoria.
Cando
comeza a historia observamos que as ilustracións se integran a toda páxina de
forma continua. O texto acompáñaas cunha letra grande en cor negra, situándose
en diversas partes e incluso a toda a páxina. As ilustracións caracterízanse
por ser figurativas e moi vistosas polas súas dimensión e cores. O ilustrador fai
unha alternancia entre cores vivas e apagadas como marrón ou beixe para
diferenciar as dúas partes das que consta ahistoria.
O
texto está escrito en castelán e a estrutura da narrativa non é lineal. Isto
débese a que a historia principal integra dentro dela outras historias que van
abrindo novas liñas argumentais e enriquecendo a historia central. Laura é unha
cativa soñadora á que lle gusta a lectura. Cando chega á casa, despois da
escola, diríxese á biblioteca para facer a dixestión da merenda. De súpeto algo
lle chama a atención e bota man del:El
libro secreto de las princesas. Ese título rodeouna de recordos que a
fixeron indagar sobre esa lectura xa anteriormente explorada co seu pai. Cando
pasou o dedo polo índice decatouse de que había capítulos que non coñecía, polo
que comezou a ler. “Porque sempre hai viláns nos contos?”. A partir dese título
comezan a desenvolverse tres contos clásicos dende unha
perspectiva nunca contada: La bruja malvada del cuento Hansel y Gretel ,El gigante de Juanito y las habichuelas mágicas e La bruja de
Rapunzel. Cando Laura se decata xa era noite e nin sequera fixera os
deberes, a lectura mantivéraa absorta por completo.
En
canto aos personaxes que interveñen na historia atopamos a Laura como personaxe
principal, unha cativa interesada pola lectura dende que era pequena grazas ao
seu pai. A nai tamén aparece como un segundo personaxe ao final da obra. A súa
intervención é mediante un diálogo, onde chama a rapaza para ir cear despois de
estar todo o día desaparecida. Tamén se fala do pai como un personaxe relevante
pero que non interfire nesta parte da historia. Finalmente existe un amplo
abano de personaxes das diferentes historias que se van intercalando e que
configuran un retrato colectivo e anovado dos tres viláns dos contos clásicos.
Potencialidades: El libro secreto de las princesas que también se tiran pedos é un conto infantil que
pretende cuestionar mitos e estereotipos inculcados a través de contos sobre
princesas e viláns. Estas obras caracterízanse por ter personaxes que se describen
como seres perfectos, inalcanzables ou malvados e sen corazón, movidos por
sentimentos de envexa e rancor principalmente. A través desta lectura vemos que
detrás de cada persoa se agocha unha historia que pode incidir tanto no noso
desenvolvemento e personalidade, coma para condicionar a nosa conduta. O
contido do libro é denso. Unha idade apropiada para traballar sobre el sería a
partir de 5 anos e non como un conto con principio e fin senón que quizais se
poderían ir repartindo as historias en diferentes días ou momentos. Outra
perspectiva que lle podemos dar á historia é a capacidade que ten a lectura de
levarnos a outros lugares como para perder a noción do tempo do mundo real no
que vivimos, ademais de traballar sobre a necesidade de ver máis ala do que nos
contan, indagar e buscar información noutrosrecursos.
Recursos: Desta obra non aparecen recursos en liña, pero si da que a
precedeu, Las princesas también se tiran
pedos, como:
ObradeTeatroCEIPRamónyCajal. WeblogCEIPRamonyCajal. (2018). Teatro 2º B «Lasprincesastambiénsetiranpedos», CEIP Ramony Cajal. Recuperado de: http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/edublogs/ceipramonycajal/2018/06/30/teatro-1o-b-las-princesas-tambien-se-tiran-pedos/. Visitado o 7 abril 2020.
Contacontos. Montero, B.
(2016). Las Princesas También Se Tiran
Pedos–CuentosInfantilesNoSexistas. Extraído de
https://www.youtube.com/watch?v=C1Bm7PJsE-4. Visitado o 7 de abril 2020.
Esta obra é un recurso moi útil para traballar os estereotipos relacionados coa suposta sensibilidade que unha muller debe de ter.
ResponderEliminarEliminar prexuizos e esteriotipos de xénero dende idades temperás paréceme unha boa opción para unha educación libre e non sexista.
Aínda así, despois de ler o conto poderíaselle preguntar ó alumnado: que pasaría se o protagonista fora un neno vestido de princesa?
Deste xeito tamén se traballarían os prexuízos de que a roupa ten xénero propio.