xoves, 16 de abril de 2020

Pocoyó emociones




Zinkia (2015). Pocoyo emociones. Barcelona: Planeta Editorial/Timunmas, col. Pocoyo, 10, [12 pp.]  (ISBN: 978-84-08-13596-8).

Descrición do formato e do contido
Volume en cartoné con superficies de relevos táctiles, centrado nas emocións, dende a alegría ata o orgullo. Narrado en terceira persoa, presenta letra en minúsculas e algunhas palabras resaltadas en negra, que son as referidas ás diferentes emocións. As imaxes amosan as diferentes emocións na expresión de Pocoyó, xunto cos seus amigos e obxectos e ferramentas que utiliza. Tamén aparecen medios de transporte como un patinete, todos eles en cores vivas e brillantes. As imaxes ocupan as páxinas completas para que os nenos e nenas aprecien con maior detalle as diferentes emocións. As ilustracións en cada páxina son individuais, non hai unha continuación, polo que todas as ilustración son independentes. Pocoyo é o personaxe principal e xunto a el aparecen os diferentes amigos e amigas, como Elly, Lula, Pato, Pajarito, Flor musical, etc. O texto aparece na parte superior das ilustracións, aínda que tamén aparecen algunhas palabras entre as ilustracións, así como onomatopeas.
O contido deste libro xira ao redor das distintas emocións que senten cada día Pocoyó e os seus amigos. Ademais con este libro pódense ir repasando os divertidos relevos que hai en cada páxina e desta forma poden aprender xogando. A cuberta deste conto mostra o título da obra e dentro dun círculo de cor verde aparecen os persoaxes principais da historia, entre eles destacan Pocoyo, Elly, Pajarito e Pulpo. Estes personaxes móstranse contentos, tal como reflicte o xesto dos seus brazos, que semella convidar aos lectores cara a eles. As cores dos personaxes son vivas, diferentes unhas das outras: Pocoyo aparece co seu traxe azul, Elly coa súa cor de pel rosa e o seu chaleco azul, Pajarito ten unha cor azul e o pico e as patas laranxa e por último Pulpo coa súa cor vermella. Ao redor do círculo aparecen as nubes, as cales significan algo importante para Pocoyo, xa que as considera as súas amigas por darlle sombra a el e aos seus amigos e amigas. Estas nubes son de diferentes cores. Na cuberta tamén se destaca que é un libro con divertidos relevos a través dos que os rapaces e rapazas poderán interactuar co conto.
Na contracuberta aparece de novo o título do libro, un pequeno resumo do que trata e os títulos dos outros contos da mesma colección. Ademais aparecen dúas URL e na marxe esquerda aparece a información editorial da obra. Tamén aparecen os personaxes protagonistas, co cambio de Pato polo Pulpo. As cores seguen sendo vivas tanto no título coma nas personaxes.
O texto mostráse en letra minúscula, en negro e resalta varias palabras durante o conto. Estas palabras son as diferentes emocións. A letra e fácil de ler. Tamén aparecen palabras e onomatopeas por medio das ilustracións. Estas letras amosan diferentes relevos que promoven a percepción táctil.
As ilustracións teñen cores vivas e rechamantes ao redor das diferentes emocións. Cada ilustración aborda unha emoción concreta, polo que non se observa unha narratividade secuenciada, senón escenas únicas que reforzan o sentido da emoción representada. En cada imaxe vai aparecendo Pocoyo e os seus amigos, ademais de aparellos, medios de transporte etc.

Potencialidades: esta obra é indicada para un contacto precoz da infancia con conceptos e palabras, animados por personaxes aos que coñecen dos medios audiovisuais e  os debuxos animados. Tamén resulta de interese para a educación emocional, ao fomentar a identificación e xestión de sentimentos que poden experimentar os máis novos. Do mesmo xeito, contribúe a unha lectura compartida adulto/infancia, pois é necesaria a mediación e guía dunha persoa próxima na exploración dos conceptos que representan os personaxes, que se complementará coa lectura visual do neno/a.

Recursos: este libro conta con unha páxina web: www.pocoyo.com. Esta páxina é moi útil para os docentes polo contido óptimo para o xogo e a aprendizaxe dos nenos e nenas. Conta con materiais didácticos como manualidades, fichas educativas, coloreables, aprende inglés, xogos, vídeos musicais, un apartado para o compromiso de Pocoyo no que trata sobre a preservación do medio ambiente, pasatempos etc. É unha páxina moi completa é útil para o profesorado. 

1 comentario:

  1. Me parece un cuento que, aunque a priori, trate únicamente las emociones, favorece la introducción en el aula de Educación Infantil de diferentes actividades o reflexiones. Por un lado, aprovechando la idea principal, pueden llevarse a cabo actividades en las que se identifiquen las emociones, tanto en ellos/as mismos/as como en los demás. Una vez hecho esto, se pueden plantear otras en las que tengan que asociar la emoción con una acción o imagen de la vida cotidiana. Finalmente, puede realizarse cada día una asamblea en la que se le pregunte a alguno/a de ellos/as alguna situación en la que haya sentido x emoción. A través de esta temática se puede fomentar en el aula la importancia de transmitir lo que sentimos, lo que ayuda también a trabajar la empatía. Paralelamente a esto, es un cuento que incluye mucho vocabulario, como pueden ser los colores, objetos o los animales, que se pueden tener también en cuenta a la hora de plantear actividades. Por último, y entre las variadas posibilidades que ofrece, puede potenciarse también la memoria, como por ejemplo, leyéndolo varias veces pasando por alto algunas emociones, de esta forma observaremos si estuvieron o no atentos/as.

    ResponderEliminar