REYES, Yolanda (2010).
Ernestina la gallina, ilust. Aitana Carrasco. Ciudad de México: Editorial
Océano Travesía, (a partir de 3 anos), [24 pp.]. (ISBN: 978-607-400-264-5).
Descrición
do formato: álbum ilustrado poético
escrito en castelán cuxa primeira edición é de 2010. Está encadernado en
cartoné con dimensións 19 x 19 cm. O formato presenta unha cuberta cunha galiña
no centro sobre un fondo de tonalidades verdes. Por enriba da galiña atópase o
título da obra dentro dun óvalo de ton clara coma os bordes do álbum; ao lado
dereito aparece un polo amarelo e ao lado esquerdo un rato gris; por debaixo
aparece media cara dun home e os seu brazos sinalando ao polo e ao rato. Na
contracuberta, tamén sobre un fondo de tonalidades verdes, aparece o rato gris
e un gran de arroz durmindo abrazados nunha cama e o código de barras co ISBN.
Este álbum non contén gardas polo que nada máis abrilo atopamos a páxina de dereitos e a portada co título da obra e a galiña enriba dun gorro de cociña.
Descrición do contido: este álbum ilustrado aborda a
historia dunha galiña que puxo un ovo na cociña, un rato mordeu a casca do ovo
do cal saíu un polo redondo coma un repolo; o repolo tiña unha flor e tres
grans de arroz. Posteriormente coméronse o repolo, a casca do ovo e un gran de
arroz e quedou o rato escondido na cociña. No relacionado coa lingua que se
presenta, todo o texto é de carácter poético, cada oración está formada por
dous pareados, como por exemplo: “Del
cascarón saltó un pollo,/ redondo como un repollo”. Os campos semánticos
que se atopan no texto son os animais (galiña, rato e polo) e os alimentos
(ovo, repolo e arroz).
As ilustracións: a estrutura que segue o álbum
non é sempre a mesma; a colocación do texto varía de forma continua, hai
páxinas nas que o texto aparece na páxina impar, noutras na páxina par e
noutras en ambas as páxinas. Ás ilustracións ocórrelle o mesmo, non seguen a
mesma estrutura; hai páxinas que abordan unha mesma ilustración e hai páxinas
que a ilustración da páxina impar é diferente da páxina par.
Potencialidades: ao traballar con álbums ilustrados que presenten
musicalidade é positivo para o desenvolvemento dos nenos e nenas dende idades
moi temperás. Este álbum ilustrado, cunha linguaxe sinxela, é un bo instrumento
para traballar a musicalidade e o ritmo; por un lado, pódese contar con
diferentes ritmos e así traballar a lentitude e a velocidade. Por outro lado,
ao estar formado por rimas, achega aos nenos e nenas aos poemas, versos e a un
emprego da lingua moi motivador para o desenvolvemento da conciencia fonolóxica.
Outro aspecto interesante é a posibilidade de empregalo para iniciar ao
alumnado na memorización grazas a súa rima fácil, traballando este aspecto
pódese traballar tamén a imitación e recitar de forma teatral a historia do
álbum ilustrado.
Recursos:
Angy Porras González (2014). ¡Apégate! a leer - Lectura en voz alta del
cuento Ernestina la Gallina de Yolanda Reyes. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=2Tv1I6ckOTI (consultado o 20/04/2020).
El maravilloso mundo de de los
cuentos (2018). Ernestina la gallina.
Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=eO1rUTzvlKI
(consultado o 20/04/2020).
Laura Escuela. Ernestina la gallina. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=T1umB52ATD8
(consultado o 20/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario