luns, 13 de abril de 2020

Un becho estraño



DAPORTA, Mon (2009). Un becho estraño, Ilust. Óscar Villán. Pontevedra: Kalandraka. [14pp.]. (ISBN: 978-84-8464-434-7).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto de MonDaporta e ilustracións de Óscar Villán. Este álbum é de cartoné e cantos redondeados, cunhas dimensións de 17,5 x 22 cm. A idade recomendada é para pre-lectores, dende tres anos. Na cuberta preséntase o protagonista, un becho, que non se sabe exactamente que é. Na contracuberta pódese observar no fondo marrón escuro un rabiño e os datos do álbum. É un conto rimado, a partir dunha estrutura de oito sílabas, que se mantén ao longo da historia, que non ten fin, pois ao chegar ao final do libro hai que xiralo e volver ao inicio. As ilustración son sinxelas que contrastan co fondo. O conto comeza cun becho moi raro que parece un ovo e que a medida que avanza a historia imos observando que aparecen diferentes partes do corpo: mans, nariz, en sitios moi estraños.


Potencialidades educativas: a través deste álbum podemos traballar o xogo e podemos somerxeraos destinatarios no mundo da lectura dunha maneira máis lúdica e autónoma. É un conto que se pode empregar como teatriño e poden interactuar con el. Tamén se traballa a imaxinación e a intriga do lector, mentres len están pensando no que aparecerá ao final da historia. Grazas a este álbum os nenos poden traballar as rimas e os ritmos.A construción e deconstrución dos versos axuda a crear imaxes mentais que van dun ovo a un rato, de modo que axuda a desenvolver a imaxinación e a interiorizar a cadencia sonora, á vez que se desenvolve a conciencia fonolóxica.

Recursos educativos:
Vídeo no que se conta a historia a través da figura do protagonista: https://www.youtube.com/watch?v=rzJpmLN6wcs

1 comentario:

  1. Me parece una obra muy atractiva para trabajar con los más pequeños/as, ya que nos ayuda a trabajar la imaginación y la creatividad de una forma más lúdica e interactiva, intentando adivinar de que animal se puede tratar, fomentando la incertidumbre y aumentando el deseo de los niños y niñas a seguir leyendo. Destacaría que a partir de esta obra se puede trabajar las diferentes partes del cuerpo, los diferentes tamaños, fenómenos meteorológicos, etc.

    ResponderEliminar