xoves, 30 de abril de 2020

El pequeño Valentín



Schmidt, Hans-Christian (2003). El pequeño Valentín, ilust. Hartmut Bieber, trad. Amalia Bermejo. Madrid: Santillana Ediciones Generales (ISBN: 84-372-2404-7).

Álbum ilustrado de Hans-Christiann Schmidt e Hartmut Bieber traducido ao castelán por Amalia Bermejo. A cuberta é de cartoné, cun tamaño de 22.5 x 25 cm. Nela aparece o protagonista, un rato de cor gris observando unha bolboreta que sae voando dunha flor. Entre a vexetación aparece unha toupeira e no fondo o mar, un barco e un faro xunto a un acantilado. Por outra banda, na parte superior esquerda aparece o nome do ilustrador, mentres que na parte superior central aparece o nome do albúm e na dereita o nome do autor. A contracuberta está composta por un fondo de cor laranxa, que imita o atardecer. Así mesmo, aparece a bolboreta mencionada con anterioridade, a cal observa o aterdecer desde o cumio dunha montaña. Por outra banda, no lado inferior esquerdo aparece o ISBN xunto cos datos de autoría, o do deposito legal e a idade recomendada (+4 anos). Por último, na parte central, aparece o resumo da obra.
Elaborado en cartoné e coas esquinas redondeadas, o que facilita a sua manipulación por parte de nenos e nenas pequenos/as. En canto ás ilustracións, ocupan as páxinas pares e impares con debuxos sinxelos e coloridos. Así mesmo, debemos destacar que as ilustracións manteñen unha estreita relación unhas con outras, xa que se trata dun albúm de transformacións debido a que os obxectos que observa o protagonista se transforman noutros ao cambiar de páxina. Por exemplo, unha montaña transfórmase nunha árbore mediante o troquelado desa ilustración e un paraugas nunha flor. Respecto ao texto, este atópase na parte superior de cada páxina dándolle desta maneira protagonismo ás ilustracións. As letras son pequenas e de cor negra.
En canto ao argumento da obra, o protagonista é un rato de cor gris chamada Valentín que sae a pasear. Durante o paseo atópase con diversos elementos naturais que se para a observar de maneira respectuosa. Estes elementos van sufrindo diversas transformacións, xa que ao pasar as páxinas transfórmanse uns noutros. Así mesmo, Valentín observa como unha larva se converte en bolboreta e voa entre a vexetación e as flores. Por último, debemos destacar que este albúm, xogando coas ilustracions, nos amosa que o que vemos non sempre se axusta á realidade, á vez que, dunha forma didáctica, nos mostra o ciclo da naturera. A historia xira ao redor dun só personaxe, o protagonista. Este móstrase como un rato curioso, o cal lle gusta pasear e observar a natureza. A pesar disto, e aínda que non se mencione no texto, nas ilustracions aparecen diferentes personaxes como os paxaros, patos, unha abella ou unha toupeira. Respecto ao narrador da historia, este é heterodiexético, é dicir, o narrador está en terceira persoa, xa que é o propio narrador o que conta a historia dende fóra.

Potencialidades educativas: a lectura desta obra ofrece, dende unha visión lúdica, o xogo mediante as transformacións da imaxes, xa que podemos xogar co efecto sorpresa como co relevo das ilustracións. Tamén potencia a atención dos nenos/as mediante o efecto sorpresa das transformacións e propicia a reflexión sobre o ciclo da natureza: o anaco de madeira foi unha árbre, a eiruga convértese en bolboreta e despois da chuvia sae o sol. Esta obra tamén facilita a interacción cos/as nenos/as, xa que poden manipular e observar as transformacións do libro e os seus relevos sen que este se rompa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario