Lara
Noguera, G. (1998). Lucecitas y fantasías, Santiago, Ecuador: Libresa
S.A., [138 pp.]. (ISBN: 9978-80-435-8).
Descrición do formato e do contido da
obra: poemario de Galo Lara
Noguera. A tapa da obra é rústica cunhas dimensións de 13x20
cm, nela podemos ver como a cuberta e a contracuberta van unidas por un mesmo
elemento, que é unha árbore que ocupa a metade de cada parte ao igual que o
lombo do libro. Na cuberta podemos ver un coello recostado contra a árbore e
mais un colibrí, os dous animais forman parte dalgunhas das poesías polas que
está composto o libro. A portada acolle o título da obra, o nome do autor, da editorial
e a quen vai dedicada. A seguir, está un índice no que podemos ver o contido do
libro desagregado en sete partes que son: “Semillitas”, “La familia”, “La escuela”, “Naturaleza”, “Rondas”, “Moralejas”
e “La tierra”, que dan título
xenérico a poemas de diversas temáticas dentro de cada apartado.
Cada apartado está marcado por
unha páxina de transición, na que se recrea un debuxo alusivo á temática xeral.
Acompañando os poemas, aparecen imaxes alusivas, nas que aparece o personaxe
principal de cada poema.
Potencialidades:
A lecturas dos poemas é moi importante pola escasa presenza que a poesía ocupa entre as lecturas que habitualmente se lle ofrecen á infancia. Con estes poemas conseguirase introducir a nenas/os en diversos temas de modo lúdico, musical e marcado polo ritmo sonoro das composicións. Traballar a poesía coa infancia é favorecer a comprensión de como funciona a lingua, gozar coa sonoridade e descubrir o ritmo e cadencia de cada unha das composicións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario