mércores, 29 de abril de 2020

Por catro esquinitas de nada




Análise de contos infantís

1. Por catro esquinitas de nada.


Ruillier, Jérôme. (2016). Por cuatro esquinitas de nada. Barcelona: Editorial Juventud.


Descrición do formato e contido: álbum ilustrado con texto e ilustracións de Jérôme Ruillier. É de fácil manexo para todos/as usuarios/as. Ten formato cadrado e na cuberta aparecen imaxes claves da obra, o nome do autor, da editorial e o título. En cambio, na contracuberta aparece un pequeno fragmento do texto a modo resumo, invitando a realizar unha pequena reflexión e a coñecer un pouco a historia que acontece. Ademais tamén aparece a páxina web da editorial, o ISBN e o código de barras. Cando abrimos o conto, no interior, podemos observar a sinxeleza das imaxes, utilizando figuras xeométricas con cores rechamantes e vivas. En todas as páxinas prevalecen as imaxes xeométricas fronte ao texto. As figuras que aparecen na historia, representan as diferenzas que existe entre o grupo de amigos/as protagonistas.
O contido xira ao redor dunhas figuras xeométricas que están a xogar e entreterse ata que se produce un conflito: queren entrar na casa grande, pero Cadradiño non pode entrar porque a porta é redonda…Isto provoca que entre todos barallen distintas solucións, á vez que convida ao lectorado a reflexionar tamén sobre as diferentes solucións que se van dando e as súas consecuencias: que Cadradiño se alargase, se estirase, se dobrase... pero ningunha idea semella acertada, de aí que Cadradiño se sentise moi triste porque el quería entrar. Finalmente a solución atopada é a máis feliz, ao se decataren de que non era Cadradiño quen tiña que cambiar, senón a porta, polo que lle cortaron catro esquiniñas e Cadradiño xa puido entrar na casa grande.

Potencialidades: coa lectura desta obra podemos fomentar a aceptación dun mesmo/a, polo que podemos expoñer que non todos/as somos iguais, senón que cada un ten algo especial e único. Ao mesmo tempo tamén se traballa a diversidade, a relación e o traballo grupal. Ademais tamén podemos repasar conceptos matemáticos como as figuras xeométricas e os colores. Sendo un conto que ofrece moitas posibilidades de activades, tanto para traballar os valores como tamén aspectos artísticos.

Recursos:

Bea. (2020). Por cuatro esquinas de nada 🔷 en la mesa de luz [Archivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=xr09J56ZZw8 (consultado o 17/4/2020)
Tictactuc. (2020). Por Cuatro Esquinitas de nada - Cuento [Archivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=ZU8OVF17hYc (consultado o 17/4/2020)
Del Val, B. (8 de abril de 2020). La diversidad y la discapidad a través de los cuentos. Parte [Mensaje de un blog]. Recuperado de
Solis Saez, M.G. (2020). Por cuatro esquinitas de nada - Juan Rafael Muñoz Muñoz (autor). Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=PeVSXnFVqrc (consultado o 17/4/2020)

Ningún comentario:

Publicar un comentario