A Kiss For Little Bear
Minarik, E. H., Sendak, M., & Hoskins, T. (1968). A kiss for little bear. Harper & Row,
(Vol. 50), 32 pp. (ISBN: 978-0-758-76175-0).

Descrición do formato: álbum escrito por Else Holmelund Minarik e ilustrado por Maurice Sendak.
É un relato breve, humorístico, cheo de afecto e amor entre Osiño e Avoa Osa, a quen obsequia
cun debuxo e un bico que vai transmitíndose dende un animal a outro, entre os habitantes do bosque,
ata chegar á súa destinataria final. Un beixo itinerante e acumulativo, que ademais se ramifica nunha
historia de amor paralela cun final que trae felicidade a toda esta entrañable veciñanza faunística.
Publicado por primeira vez en 1968, este clásico de Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak
destaca pola sinxeleza do texto e a tenrura dos seus personaxes, que son representados tanto
ao natural coma humanizados. A personalidade de Osiño favorece que os lectores infantís se identifiquen con el, pola súa simpatía e espontaneidade. Os debuxos están levados a cabo cun estilo moi realista e moi pouca cor. O ilustrador centrouse máis nas liñas ca no colorido para estas historias. O único elemento que vemos totalmente coloreado neste libro é a súa cuberta, conformada pola imaxe dun oso e unha galiña que semellan darse un bico e que presentan cores marróns e amarelas. A disposición no interior do libro distribúese cun marco que encadra todo o que imos atopar na páxina e, no seu interior, os debuxos e o texto. O texto sempre está na parte inferior, xusto debaixo do debuxo. Os debuxos son moi ilustrativos e contan con todo tipo de detalles na súa execución. Algúns deles presentan animais humanizados, mentres que outros aparecen recreando actitudes propias dos animais.

Potencialidades: este conto está pensado para lectores principiantes, polo que pode ser un
recurso interesante na aula para un contacto precoz coa lingua estranxeira. O vocabulario e as
construcións de frases son moi sinxelas, o que favorece a súa adquisición.
Tamén se abordan cuestións das áreas de interese da infancia, como os animais e as relacións
familiares.

Recursos:
Versión lida da obra en https://www.youtube.com/watch?v=iyuH69VY2J4 (consultada o 24/4/20).
Ningún comentario:
Publicar un comentario