Núñez, Marisa (2004). A cebra Camila. ilus. Óscar Villán, Pontevedra: Kalandraka. Editorial, col. Demademora , [33 pp.] . (ISBN: 978-84-8464-126-1).
Descrición do formato e do contido: Álbum ilustrado de Marisa Núñez e Óscar Villán, o cal presenta na cuberta a protagonista con todas as súas raias e os seus tirantes. Tamén aparece o nome da autora, do ilustrador e da editorial. Na gardas pódense ver numerosas raias de diversos cores, que ocupan os dous lados das gardas. As cores dos fondos son predominantemente a verde e a marrón, mentres que Camila vai cambiando de cor a medida que avanza a historia. As cubertas son de cartón duro e as follas son fortes, de maneira que son resistentes ao uso e manipulación reiterada.
Dende o punto de vista do contido, nárrase como unha cebra chamada Camila, a cal a súa nai sempre lle aconsellaba que non saíse da casa sen tirantes e cueiros. Porén, un día decidiu non obedecer a súa nai e cando saíu ocorreulle o que ela lle advertira: perdeu as súas raias por culpa do vento. Asustada e chorando, regresou á casa, pero polo camiño foi atopando con diferentes animais que lle axudaron, cada un á súa maneira: unha serpe deulle un anel para poñer na pata; un caracol fíxolle unha listiña de prata; o arco da vella deulle un remendo azul; unha araña teceulle unha arañeira de tul; unha chicharra deulle unha corda do seu violín; e unha oca atoulle un amalló de botín. Ao chegar á casa, a nai tíñalle preparada unha sorpresa, que era a última raia que lle faltaba. Finalmente, conseguiu recuperar as sete raias que lle levara o vento grazas á axuda de todos os seus amigos.
Dende o punto de vista da ilustración, as imaxes son útiles para seguir o conto, xa que en cada páxina aparece un amigo diferente de Camila e cun remedio distinto para poñer no corpo. Ademais, tamén nos mostran como lle poñen eses remendos. Os espazos nos que se desenvolve a historia son sempre abertos e en contacto coa natureza.
Potencialidades: a lectura deste álbum fomenta exemplos do importante que é a cooperación, xa que grazas á unión dos amigos de Camila esta pode recuperar as súas raias, aínda que sexan diferentes ás que tiña. Ademais, é moi importante que os nenos/as saiban o que é traballar en equipo, xa que lles vai servir de axuda para o seu día a día. Outra temática que se pode abordar son aprendizaxes moi diversas, dende as de conceptos matemáticos, pasando polas cores, as diferentes especies de animais que axudan á cebra, os elementos que cada un lle regala ou o que é proceso de maduración, elemento central do relato, así como a importancia da familia e dos consellos dos adultos, que guían coa súa experiencia e coñecemento de posibles consecuencias que pode ter para a infancia condutas pouco adecuadas.
Recursos:
Orientacións para a dramatización desta obra: Poveda Catasús, Olga. (2013). El rincón de la maestra. Recuperado de: http://olgacatasus.blogspot.com/2013/03/la-cebra-camila.html (consultado o 18/4/20).
Santiago Trabado, Belén (2018). La cebra Camila. Creciendo con libros y juegos. Recuperado de: http://creciendoconlibrosyjuegos.blogspot.com/2018/10/la-cebra-camila-cuentomuneco.html (consultado o 18/4/20).
A Cebra Camila é a primeira obra infantil en galego que me lin e converteuse nunha das miñas obras para nenos e nenas de Educación Infantil preferida. Esta obra aparte do que mostra a miña compañeira trata en si dun proceso de cambio e crecemento por parte da protagonista da obra. Esta síntese incómoda co seu peto e un día decide quitarse o peto, isto ocorre porque xa no é tan pequena coma antes e ao ir crecendo vaille quedando máis pequeno. O quitarse esa opresión tamén pode significar liberarse do peso de que a consideren pequena, como o fai a súa nai. Pero Camila un día quixo ser libre e decidiu quitarse o peto. Isto propicioulle unha viaxe un pouco triste pero que lle axudou a coñecerse a si mesma e a aceptar as consecuencias dos seus actos. Empezando así unha nova etapa da súa vida sen o seu peto, que pode representar o cambio de deixar atrás a súa nenez. E que a consideren como unha nena máis maior que pode facerse cargo das consecuencias dos seus actos. Como se mostra na obra ao quitarse o peto perde sete raias, pero grazas a non perder a esperanza e a axuda dunha serie de animais. Como observamos ao final conseguiu ter consigo outra vez as súas sete raias pero esta vez cada unha cunha cor diferente e cun recordo especial detrás.
ResponderEliminarPor outro parte encontrei unha serie de enlaces nos que se mostra ademais, do que puxo a miña compañeira, outras formas de traballar cos nenos e nenas este conto nun aula. Algúns destes son:
• https://colorincoloradolibros.wordpress.com/2016/05/19/la-cebra-camila/
• https://redsocial.rededuca.net/cebra-camila-numeros