Aguilar, L. (2007). Orellas de bolboreta, ilust. André Neves, trad.
Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka,col. Minilibros, [32 pp.]. (ISBN
978-84-8464-662-4)
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado con texto de Luísa
Aguilar, ilustracións de André Neves e tradución á lingua galega de Manuela
Rodríguez. A edición manexada pertence á colección “Minilibros”, polo que o seu
formato presenta capa branda e unha dimensións de moi reducido tamaño. A
cuberta contén o título do libro e os nomes da autora, ilustrador e editorial. Tamén
se aprecia unha ilustración dunha nena con moito pelo e ca cabeza máis grande
que o resto do corpo, xunto cun fondo verde con flores e unha bolboreta como se
estivera no campo. Isto pódemos dar a ver que a historia tal vez trata máis da
súa cabeza por iso aparece máis grande aquí. Na contracuberta aparece a
ilustración do campo coas flores, pero sen a nena nin a bolboreta. Na portada
atopamos unha ilustración de casas, como se fose un pobo, ademais do título do
libro e os nomes da autora, ilustracións e aditorial. Este libro foi traducido
ao galego por Manuela Rodríguez (2007). A historia que se conta é a dunha nena
da que se burlan os e as súas compañeiras e desde que a nai lle dá un consello,
en vez de aprecialas como cousas feas apréciaas de mellor maneira e sempre ten
unha resposta para cada burla.
É un álbum ilustrado narrativo no que as ilustracións son necesarias. Nelas
podemos ver que as personaxes son redondeadas coa cabeza máis grande que o
corpo. Cada burla vaise desenvolvendo nunha páxina. Nas ilustracións podemos
ver que utiliza seres da natureza ademais dos personaxes e unha bolboreta,
ademais de cores claras, sobre todo, a laranxa e a verde. É un libro que esixe
a implicación do lector para interaccionar coa historia que vai avanzando a través
das diferentes burlas. O texto asenta no campo semántico do corpo e referentes
da natureza ou da contorna máis inmediata da infancia, de grande interese para
o lectorado potencial. Esta obra foi finalista do IV Premio Nacional Cittá di
Bella (Italia, 2008), foi seleccionada polo Ministerio de Educación (Arxentina,
2015), forma parte do Plan Nacional de Lectura (PNL) e do Programa “Leggere
senza Stereotipi” (Italia, 2015).
Potencialidades educativas: a lectura desta obra permite que nenas e nenos reflexione sobre o que lle
ocorre á protagonista e entendan o importante que é traballar a autoestima e
respectar a diversidade. Ademais falar sobre as características persoais
permite entender que somo seres únicos, cunha personalidade, estilo e
características físicas que nos individualizan. De modo paralelo, unha lectura
atenta das imaxes da obra permítennos facer unha lectura máis profunda ao redor
da interculturalidade, da situación social que viven as persoas de cor e da
falta de recursos que, moitas veces, as condena á marxinalidade. Por outra
parte, o pequeno tamaño desta edición é un elemento estimulante, dado que se
adapta ao manexo das pequenas mans dos potenciais destinatarios.
Gústame moitísimo este conto! Con el pódense traballar unha infinidade de temas e valores. Ademais dos que menciona a miña compañeira, eu destacaría tamén o acoso escolar, a aceptación e confianza nun mesmo e tamén a relación entre proxenitores e fillos/as, dado que neste caso, a nai da protagonista conta cun dos papeis máis importantes da historia, axudándolle a Mara a buscar o enfoque positivo a cualidades ou situacións adversas.
ResponderEliminarEn relación ao acoso escolar, paréceme interesante engadir que os compañeiros que se burlan de Mara buscan asemellarse ós compañeiros de clase ou ás persoas próximas ao lector, pero, por outro lado, tamén se podería buscar que o lector se sentise identificado/a como un destes compañeiros.