mércores, 15 de abril de 2020

Os Bolechas van o GAC Costa da Morte

Estudio Carreiro (2015). Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte. Ilustr. Pepe Carreiro. Vigo: Bolanda Edicións.



Descrición do formato e do contido: obra divulgativa de Pepe Carreiro que está composta por una tapa rústica, cunhas dimensións de 21 x 15cm, onde na cuberta vemos o título, o nome do ilustrador da obra e os propios personaxes que estando dentro dunha barca ven como un percebeiro (curmán do seu amigo) está a recoller percebes preto do faro do Rocundo en Corme. A cuberta e a contracuberta están unidas por un fondo rosa, que no centro ten unha imaxe dos Bolechas nun barco collendo un flotador do mar. Tamén se pode ler o resumo do conto, o código que o identifica e por quen está patrocinado. No interior de ambas tapas hai información interesante sobre os lugares que os Bolechas visitan durante a historia. A portada ten unha cor rosada e nela aparecen novamente o título da obra, o ilustrador e a maiores a editorial. No final da obra pódese ver un mapa con todos os lugares que os rapaces visitaron durante a historia.

O contido que narra a obra céntrase nas vivencias duns rapaces que visitan a Costa da Morte, mais concretamente ó GAC-3 que son os Grupos de Acción Costeira que se encargan da pesca e do marisqueo e de todo tipo de accións que teñan que ver co medio mariño na zona costeira da Coruña. Alí pasan as vacacións na casa dun amigo e viven diferentes aventuras grazas ao seu flotar novo e á familia do amigo que están a visitar, deste xeito percorren sitios novos deste bonito lugar. O texto é simple e vistoso para poder lelo con facilidade, as páxinas están ocupadas principalmente polas imaxes que son moi expresivas e mostran con todo detalle o que lle vai sucedendo aos Bolechas e o seu amigo Fidel.



Potencialidades: esta obra de carácter informativo permite traballar aspectos como a familia, a amizade, os traballos no mar e outros oficios, espazos naturais ou a contorna da zona territorial recreada no volume.



Recursos:
Os Bolechas teñen unha paxina web onde encontrar os seus contos e toda a información sobre eles. Recuperada de https://osbolechas.gal/universo.php (consultada o 13/04/2020).

1 comentario:

  1. Encántanme os contos dos Bolechas, cando era pequena tiña un monton deles! Parecenme un recurso moi interesante para traballar cos nenos e nenas de Educación Infantil, porque traballan moito coa nosa terra, Galicia: con festas tradicionais, con paisaxes galegas, con oficios característicos da zona, etc. E é interesante que as nenas e nenos dende ben pequenos/as coñezan a nosa terra e todo o relacionado con ela a través destes contos.

    ResponderEliminar