LLENAS, Anna (2015). (Te quiero (casi siempre)), ilust. Anna Llenas, Barcelona
Espasa Libros [23 pp] (ISBN: 978-84-670-4370-9)
Descrición do formato: a obra é un álbum ilustrado narrativo de 27x27 cm de tapa
dura e 23 follas resistentes, de tal maneira que facilita o seu uso por parte dos nenos/as,
xa que está recomendado para nenos a partir de 3 anos. A cuberta móstranos aos
protagonistas, Lolo e Rita, un bicho bóla e un vagalume. É unha ilustración de técnica
mixta con colaxes sobre un fondo turquesa, onde atopamos aos personaxes
acompañados do título da obra e do nome da autora e ilustradora. Na contracuberta
aparece una escena similar, un breve resumo do contido da obra e outra vez a Lolo e
Rita. No interior da obra predomina a ilustración acompañada de breves oracións. Estas
ilustracións acompáñanse de tipografías desiguais, dando énfase e destacando
palabras clave da oración, para así facilitar tamén a comprensión lectora. A ilustradora
utiliza cores vivas e xoga continuamente coas gamas de cor. Destacan tamén os trazos
a man, moi sinxelos pero incriblemente expresivos, ao combinar a técnica da colaxe
con materiais reciclados, o que lle permite outorgar volume aos seus debuxos.
Descrición do contido: Te quiero (Casi Siempre), de Anna Llena, é unha fermosa obra que conta unha historia de amor entre un bicho bola chamado Lolo e unha vagalume chamada Rita que, a pesar das súas grandes diferenzas, aprenden a quererse. Lolo é forte e resistente, experto en camuflaxe, sempre ten os pés no chan e todo controlado. En cambio Rita é lixeira e delicada, brilla como ninguén, é imaxinativa, voa polo aire e gústalle improvisar. Os personaxes séntese diferentes e por iso se gustan. Todo vai ben ata que comezan a chocar polas súas diferenzas, porén a medida que transcorre o conto aprenden a adaptarse un ao outro.
Potencialidades: a lectura desta obra pon de relevo a importancia de respectar as peculiaridades dos demais, aprender a negociar e a mellorar ou adaptar aquelas actitudes ou intereses nos que somos máis diferentes e que levan a conflito. Reflexionar sobre estas diferenzas e como a pesar delas os caracteres máis distintos se atraen, tamén axuda a percibir as particularidades de cada persoa e as necesidades de convivencia harmónica e complementariedade. Coa lectura desta historia na aula educaremos aos nenos e nenas na diversidade e tamén aprenderán a empatizar cos demais, mellorando así a convivencia na aula e na sociedade futura. Ademais, trabállase a intelixencia emocional, ao identificar estados anímicos e sentimentos, nun texto que está repleto de adxectivos que nos axudarán a que os máis pequenos amplíen o seu vocabulario, a expresar mellor os seus sentimentos, e a poder identificalos nos demais.
Recursos: Materiais sobre a obra en: http://www.annallenas.com/ilustracion-editorial/te-quierocasi-siempre-recursos-gratis.html#.XptTD5mUU2w (consultado o 17/4/20). Pekeleke, en https://pekeleke.es/libros/te-quiero-casi-siempre-de-anna-llenas/ (consultado o 17/4/20)

Persoalmente paréceme un álbum moi interesante e que lin varias veces xa na miña casa; polo tanto, podo dicir que, todas as descricións que fai o autor deste artículo están moi ben plasmadas.
ResponderEliminarCon esta lectura lles ensinaremos aos nosos alumnos/as o respeto pola diversidade, a empatizar cos sentimentos dos demáis aunque sean diferentes aos nosos e a necesidade de que nunha convivencia todos cedamos. Moi boa obra, moi recomendable!