Ficha bibliográfica
Cali, Davide & Daviddi, Evelyn (2006). A colección de galletas, trad. Millán Picouto. Ourense: Linteo, 32 pp. (ISBN: 84-96067-26-2)
Descrición e formato
Trátese dun álbum ilustrado con texto de Davide Cali e ilustracións de Evelyn Daviddi, cuxa cuberta obra amosa nun fondo amarelo moitos tipos diferentes de galletas esparexidas, facendo así alusión ao contido. O título atópase situado na parte superior central, acompañado do nome do autor e da ilustradora. Na contracuberta pódese atopar unha breve sinopse do contido, mostrando exemplos de diferentes galletas e sobre un fondo vermello imitando unha textura de tea.
No interior, as gardas están decoradas igual que a cuberta, pero agora engádende os nomes de cada tipo de galleta. Nas gardas finais aparecen dous espazos en branco para que o lector/a engada o nome da súa galleta e o seu propio. Na portada da obra represéntase un sinxelo debuxo dun neno que está comendo unha cunca de leite con galletas nunha mesa cuberta cun papel decorado tamén cos diferentes tipos de galletas.
O volume presenta pequenas historias sobre cada tipo de galleta, reunindo texto e ilustración en cada dobre páxina. Son once tipos de galletas, cuxos tectos presentan diferentes tipografías, fontes e tamaños de letra, pois en ocasións resalta algunha pregunta aberta ou algún párrafo para resaltado. As ilustracións son imprescindibles para amosar sentidos e aspectos que non se mostran no texto. En cada dobre páxina aparece na par o neno protagonista no ambiente familiar e realista da súa casa, mentres que impar se representa a galleta convertida nun ser animado e nunha contorna fantástica. A disposición das imaxes está pensada para que exista unha continuidade entre ambas páxinas, coma se foran dous universos paralelos. A continuación móstranse un par de exemplos con dúas imaxes.
Na primeira imaxe represéntase na esquerda un entorno real, a casa do neno, e vese a el mesmo xunto ao seu irmán tirando galletas ao chan. Na parte dereita obsérvase un frondoso bosque que continúa con ese camiño de galletas para que ninguén se perda. Tamén é de salientar que a transición/continuidade entre ambas as páxinas está marcada por un colgadoiro que se converte nunha rama dunha árbore.
Outro exemplo é esta imaxe na que o neno protagonista está a comer galletas con forma de cabaleiros, mentres que na páxina contigua se recrea un campo de batalla, integrado por elementos cotiáns do almorzo: vasos e botellas tiradas, un coitelo entre dúas cuncas a modo de ponte, torradas mordidas, etc. As galletas cobran vida para representar a xinetes e cabaleiros nese escenario, cuxo elemento de transición é o castelo, que no plano real é o bote de galletas e no fantástico a fortificación do escenario imaxinario.
Dende o punto de vista do contido, o volume recrea aspectos relacionados con cada un dos tipos de galleta presentado e abórdao dende unha estrutura similar en cada unha delas: o neno protagonista pregúntase pola orixe da galleta, propón hipóteses e comenta os seus pensamentos. O único que cambia é a parte final, onde se fala da última galleta que queda no bote, e que nunca se pode comer porque será
Potencialidades en EI
A lectura deste álbum ilustrado aproxima á infancia e unha temática do seu interese por resultar un alimento apetecible e cotián para os nenos e nenas. Esta temática permite abordar a lectura dende unha perspectiva estimulante e creativa, fomentando a imaxinación a través de historias breves e a confrontación de dous planos: o da realidade e o da fantasía. Deste modo, nenas e nenos poderán interrogarse sobre a propia realidade, o sentido de obxectos cotiáns e os alimentos, ademais de abordar o coñecemento do mundo que os rodea dende outras perspectivas máis ligadas ao imaxinario.
Traducións
Este libro foi traducido da súa versión orixinal en italiano La collezione di biscotti. Non se atoparon máis traduccións a outros idiomas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario