A casa da miña
avoa
Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de
cartoné do autor Pep Bruno e ilustrado por Matteo Gubellini. A cuberta amosa a
paisaxe dun bosque con diversos animais de aspecto terrorífico e unha nena cun
traxe azul. Na contracuberta obsérvase a continuación da paisaxe do bosque. As gardas
amósanos a nena e a súa avoa voando nunha vasoira. Na portada, aparece un
paxaro de cor verde e con gravata, subido no tellado da casa, mentres que o
título está en letras grandes e negras.
Dende o punto de vista do contido, nárrase a historia dunha nena que
está de aniversario e a súa avoa prepáralle unha torta para celebralo. A avoa
esquécese da torta na súa casa e manda a nena a buscala. Despois de cruzar o
bosque, chega á casa da súa a avoa e atópase con numerosos personaxes que a
asustan. Finalmente, entende que o único que querían era felicitala polo seu
aniversario.
O álbum presenta imaxes a toda páxina, acompañadas dun breve texto. O texto
aparece en cor negra para facilitar a súa visualización e fai uso da letra
grosa e exclamacións para destacar algunhas palabras. As cores que predominan
son cálidas e cunha gran variedade. As ilustracións son moi representativas e
claras e mostran un grande apoio para o texto.
Potencialidades:
a lectura deste álbum permite traballar na aula o tema do medo e dos
prexuízos a través de personaxes caracterizados como monstros. Coñecer este
conto permite reflexionar sobre a necesidade de non xulgar sen coñecer e a que
tomen consciencia de que as aparencias enganan. Ao longo de todo o álbum é
preciso activar os coñecementos previos para identificar a personaxes moi
coñecidos polos máis pequenos, aínda que neste conto non están pensados para
meter medo, senón para xogar coas expectativas do lectorado e
sorprendelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario