Aguilar, Luisa, (2018). Orellas de bolboreta. Ilust. Neves André. Pontevedra: Kalandraka, col. Demademora, (6-8 anos), [ 32 pp.]. (ISBN:978-84-8464-662-4).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado traducido á lingua galega de Luísa Aguilar e André Neves, cun formato cadrado e unhas dimensións de 2 2 x 22cm. Na cuberta aparece a protagonista cos seus trazos característicos, xunto cunha bolboreta e un fondo amarelo cheo de flores. Na contracuberta aparece ese mesmo fondo amarelo con flores doutras cores. Neste libro cóntase a historia dunha nena chamada Mara que ten que soportar que se metan con ela un grupo de nenos, pero a ela non lle afecta e demostra en cada contestación o contenta que está con ela mesma, actitude na que tivo moito que ver a súa nai. Cada páxina do libro conta cunhas imaxes que acompañan o texto, as cales axudan a que se entenda ben, de modo que as ilustracións permiten seguir a historia a través da lectura visual.
Potencialidades: a lectura permite abordar a temática da autoestima, aspecto moi importante para a infancia. Tamén se pode traballar a imaxinación e a capacidade dos máis novos para se enfrontar a situacións que non lle agradan, en particular cando as agresións parten do grupo de iguais. Outro aspecto de interese é a empatía.
Recursos:
- Taxi Roberto Burela. (19/02/2018). Orellas de bolboreta - (con Sara e Miranda - conto en galego). https://www.youtube.com/watch?v=2CmLNSrO3g4 (consultado el 05/04/2020).
- Ceip Ortigueira. (9/01/2018). Orellas de bolboreta. CEIP Ortigueira.1º. https://www.youtube.com/watch?v=cxWSqcQJxtM (consultado el 05/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario