MEJUTO, Eva (2002).
A casa da mosca chosca,ilust. SergioMora.
Pontevedra: Kalandraka, [40pp.]. (ISBN: 978-84-8464-155-1).
Breve descrición
do formato e contido:este álbum ilustrado é unha adaptación dun conto popular
ruso recuperado por AleksandrAfanásiev. A adaptación é da autora Eva Mejuto e
as ilustracións de Sergio Mora. O álbum é encadernado en cartoné cunhas
dimensións de 22 x 22 cm e contén 40 páxinas. Na cuberta móstrase a imaxe dunha
mosca voando e o título do álbum. As gardas presentan un fondo similar á
cuberta e contracuberta, cuns trazos negros, que recrean os pelos que aparecen
no corpo da protagonista. Se abrimos o libro, na portada aparece unha cafeteira
botando fume, no que aparece unha vez máis o título do conto. Na contracuberta
atopamos a casa da mosca, na que observamos unhas liñas descontinuas, que cando
abrimos o libro por completo podemos observar que representan a traxectoria
seguida no aire pola mosca. O álbum emprega cores explosivas e animais
extravagantes. Os personaxes caracterízanse por ter unha personalidade propia, polo
humor e expresividade. O conto consta de rimas repetitivas, recursos propios da
tradición oral. Dende o punto de vista do contido, este álbum ilustrado narra a
historia dunha mosca chosca que cansou de revoar sen rumbo e construíu unha
casa para ter un lugar onde recibir diferentes animais do bosque. A mosca
elaborou un pastel de amoras e grazas ao cheiro foron aparecendo, do máis
pequeno ao máis grande, sete habitantes do bosque.
Potencialidades
educativas:a lectura deste álbum ilustrado permite traballar o xogo
de números e tamaños. Tamén se pode traballar a integración sociale a
diversidade, xa que no conto se convida a todos os animais sen ningunha
condición. Por outra banda, é un conto que invita ao xogo fonético grazas ás
rimas e repeticións.
Recursos
educativos:
Audioconto: https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E (consultado
o 21/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario