Heras, Chema (2002). Avós, ilust. Rosa Osuna. Pontevedra: Kalandraka
Editora, col. Demademora (ISBN: 84-8464-040-X).
1. Descrición do formato: álbum ilustrado, impreso
en papel, con tapas duras e composto de 36 páxinas. Na cuberta aparecen os
protagonistas da obra en pequeno no lateral esquerdo e debaixo destes o nome do
editorial, o título da obra centrado e grande e xusto debaixo do título aparece
un gato e xunto a este os nomes do autor e da ilustradora. O resto da cuberta
son deseños aleatorios de imaxes que aparecen ao longo da historia. Na
contracuberta atopamos un deseño composto de catro imaxes que saen durante a
historia e a palabra” Demademora”, referida á colección. O máis destacable
destas imaxes é que nunha delas sae unha árbore, dous paxaros e un sol e na outra
sae a lúa coas estrelas, sendo todos eles elementos da natureza, aspectos
relevantes da obra e tamén do estilo das ilustracións.
A portada do libro son dúas imaxes do ceo unha de día e outra
de noite. Na esquerda sae unha lúa co contorno azul sobre un ceo estrelado en
posición vertical, mentres que na da dereita sae o sol cun contorno amarelo
sobre un ceo con nubes en posición horizontal. Con estas dúas imaxes a
ilustradora representa unha contraposición, a cal se reforza na dobre páxina do
final, onde se repiten as imaxes, aínda cunha disposición invertida. Con este
cambio, a ilustradora tamén nos dá a entender que hai un gran cambio dentro da
historia.
Polo tanto, falamos dunha portada e un peche de libro con moito
contido. Con respecto ás
ilustracións, cabe destacar que estas ofrecen unha lectura visual paralela e
complementaria ao texto, xa que, nos dan información adicional. Os
protagonistas son caracterizados con trazos doces que representan a vellez,
sobre todo nos seus rostros. Por outra parte, o ambiente que os rodea
caracterízase por ter unha gran riqueza visual, incluíndo elementos
escenográficos que reforzan a narración e elementos simbólicos que representan
os pensamentos dos personaxes. Ademais as cores do fondo varían segundo a
escena, pois en imaxes acougadas ou tristes a ilustradora usa tons grises ou
azulados, mentres que nas escenas alegres utiliza cores vivas.
2. Potencialidades: a lectura deste álbum presenta temáticas de relevancia
social e educativa, xa que a través dela se pode reflexionar sobre cales son os
roles de xénero tradicionais, fomentar o afecto e respecto cara ás persoas
maiores mediante a empatía e abordar aspectos a prol dun trato ou socialización
positiva. A demais é importante destacar que estamos ante unha obra relevante
tanto polo número de traducións, coma polos múltiples recoñecementos que ten
recibido, entre eles cabe destacar o Premi Libreter 2003; formar parte do Programa Nacional de Lectura de la
Secretaria de la Educación pública en México e Plan Nacional de Leitura 2008
Portugal; ser considerado entre os Mejores libros en 2004 (banco de libros de
Venezuela) ou o Programa Nati por legere (Italia).
3. Recursos:
Jorge Octavio, F. (2011). Avós.
Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=PfYLiinhdWM (consultado o 21/4/2020).
Oliveira, Elsa (2015). Avós.
Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=BOQ6ZZydxpg (consultado o 21/4/2020).
Roig Rechou, B.-A e I. Mociño González (2013). Los Abuelos de Chema Heras”. En C. Ferreira Boo y A. M. Ramos (eds.). La familia en
la literatura infantil y juvenil / A família na literatura infantil e juvenil, Vigo/Braga:
ANILIJ/ELOS/CIEC Universidade do Minho, col. Estudos. 04, pp. 265-274 (ISBN:
978-972-8952-26-6). De acceso libre en http://anilij.uvigo.es/wp-content/uploads/2017/04/4.pdf (consultado o 21/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario