venres, 24 de abril de 2020

LA REINA DE LOS COLORES

LA REINA DE LOS COLORES
BAUER, J. (2018). La Reina de los Colores. Salamanca: Lóguez Ediciones.(ISBN: 978-84-89-80-46-09).
Descrición do formato e do contido
Este conto infantil é un álbum ilustrado de Jutta Bauer ( Hamburgo, 1955), impreso en papel coa posibilidade de obtelo tanto en tapa dura como en tapa branda, recomendado para nenos e nenas de entre 4 e 6 anos con 64 páxinas.
Na cuberta aparece unha muller ancha con un vestido de palabra de honor con unha melena moi moi longa que asemella fíos de diversas cores. O fondo no que se encontra son dous tons de beixes. No que se encontra a melena é un beis mais claro e no que se encontra o corpo da muller e un beis mais escuro. Na cuberta aparece o nome da autora e ilustradora do álbum sobre un fondo azul, debaixo do nome da autora o título do libro e no fondo de todo no medio a editorial.
Na contracuberta aparece o mesmo fondo que na portada e dicir, o ceo como nun ton beis e a terra como nun ton beis escuro como alaranxado  e un Castelo con dúas torres e de cor gris ademais do ISBN.

Nas gardas do principio e do final non aparece ningunha imaxe senón que aparecen unhas follas de cor vermella. Ao principio despois desa páxina de cor vermella aparece outra páxina  en branco e no cima o nome da autora e o título do libro. Na garda do final ademais da páxina en vermello atopámonos con outra páxina en branco onde podemos encontrar datos sobre o libro ou sobre a autora, como por exemplo cando naceu ela, cando se creou o libro… e moitos datos mais.





As imaxes do interior son moi simples e con fondos brancos ou de cor cando a protagonista chama por as cores, ata que nun momento as cores se mesturan e esta todo de cor gris. Estas seguen o mesmo estilo que a portada e a contraporta, sen incluír elementos a nivel personaxes nin elementos físicos. Cabe destacar tamén que son imaxes animadas sobre case sempre un fondo branco onde segundo a cor que a protagonista chama se mostran diferentes emocións a través da súa expresión facial.
   









O texto é simple e argumentativo con unha estrutura lineal, breve e con un vocabulario moi sinxelo.
Para rematar, o tema central do conto é o descubrimento das emocións a través de diferentes cores que Malwida define como os seus súbditos, os cales son seres suaves, delicados, valentes, quisquillosos, que ao unirse poden dar lugar a estrañas formas ou cores, pero o peor e cando se mesturan e chega o tedioso gris.

Potencialidades do conto
Estamos ante un álbum con gran importancia a nivel persoal, debido a que a través do seu contido poderemos traballamos moitos aspectos e achegarnos a educación emocional que moitas veces queremos traballar nas aulas de educación infantil.
Desta maneira poderán coñecer as emoción asociándoas a unha cor e a partir de aí poderemos ir traballando pouco a pouco como regular as emocións propias e chegar aos conceptos de autoconcepto e autoestima.



Traducións / Premios
Podemos comentar que é a 4 edición do libro dende que chegou as librerías no 2018, e como adaptación podemos destacar que foi recreado en teatro. Podemos encontrar esa representación no seguinte enlace: https://babytribu.com/la-reina-de-los-colores/
Tamén podemos encontrar diferentes contacontos que o relatan como o fai Beatriz Montero: https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=bUveyaTy8ko&feature=emb_title
Por último, podemos encontrar unha reseña na revista Peonza e unha ficha para traballar o conto na páxina da súa editorial:  https://www.loguezediciones.es/libro/ver_libro_coleccion?id=28

Ningún comentario:

Publicar un comentario