sábado, 25 de abril de 2020

Cómo comportarse en el parque




CANDELL, Arianna (2006). Cómo comportarse en el parque. ilust. Rosa M. Curto. Barcelona: Editorial Edebé (ISBN: 84-236-7877-6).



Descrición do formato e contido: álbum ilustrado escrito por Arianna Candell que conta con ilustracións de Rosa M. Curto. Composto en cartoné, presenta na cuberta o título en as cores, “el parque” aparece de cor verde, mentres que o resto do título é de cor negra. Debaixo do título, á dereita, aparece con letra pequena o nome da autora e da ilustradora. A cuberta é de cor azul claro e nela móstrase aos protagonistas da obra: catro amigos (dous nenos e unha nena) e o seu can. Por outra banda, a contracuberta aínda que é da mesma cor, nela aparecen imaxes doutras obras da colección e debuxos sinxelos de elementos que se poden encontrar nun parque, imitando os realizados por nenos/as pequenos/as. No centro, aparece un breve texto sobre o libro. 
No interior, as gardas son de cor branca e teñen debuxos de recortes cadrados e con diferentes estampados. As gardas iniciais e finais son iguais. A seguinte páxina é a portada, na que aparece o título na parte superior en dúas cores, negro e gris, utilizando o gris para destacar “el parque”. Por encima do título aparecen diferentes elementos debuxados cun trazo infantil; mentres debaixo, á dereita e en pequeno, volven aparecer os nomes da autora e ilustradora. Na parte inferior da portada aparece o nome da editorial, xunto con debuxos de estilo infantil.
O libro componse de 35 páxinas enumeradas. Estas están formadas de papel e non aportan resistencia. Respecto ás ilustracións e o texto, podemos observar como as ilustracións levan todo o protagonismo ocupando ambas páxinas. Os debuxos son sinxelos e coloridos, imitando os trazos infantís para todos os elementos que aparecen nas imaxes, agás os personaxes. Desta maneira destácase o que fan os protagonistas. En canto ao texto, sitúase sempre nun lateral e en cor negra. Nel podemos atopar un título con letra máis grande que o resto do texto en cada páxina, resumindo o que se conta nela, por exemplo “Mi barrio” ou “¡Hemos llegado!”. Finalmente, o volume péchase cunha proposta de cinco xogos e unha guía para pais, na cal se explica a necesidade das quendas, o respecto pola diversidade, a importancia de elementos viais como o semáforo, as dificultades de ter mascota e unha breve explicación sobre o civismo.
En canto ao argumento, un narrador en terceira persoa explica diferentes elementos cotiáns que se poden encontrar os nenos e nenas pequenos/as ao ir ao parque. Estes elementos obsermolos a través dos protagonistas. A historia comeza coa descrición da zona na que viven. A continuación, tres irns baixan ao parque dándolle a man aos pai, para evitar posibles peligros, mentres que dúas nenas van ao parque en coche coa súa nai porque son máis pequenas. Cando chegan ao parque viven diferentes situacións: fan pompas de xabón, xogan á pelota, recollen o lixo do chan para tiralo á papeleira, pasean o can de Pedro, van ver os patos de maneira respectuosa, túrnanse no columpio, permiten que xoguen outros nenos/as con eles, andan en bici e cédenlle o sitio no banco a un señor maior. Cando volven á casa respectan o semáforo. Finalmente, observan dende as ventás unha rúa limpa e ordenada. 


Potencialidades educativas: a lectura desta obra propicia potenciar normas, hábitos e actitudes en zonas públicas como o parque; tamén transmitir valores como o respecto polos maiores, a natureza e os animais; respectar tamén a diversidade, xa que os personaxes das imaxes son de diferentes procedencias e culturas; serve para se iniciar nas normas viais. O uso desta obra permite reflexionar sobre a responsabilidade de ter mascotas e coñecer diferentes xogos relacionados coa temática do libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario