Tusquets, Esther (2011). La conejita Marcela, ilust. María Hergueta, Pontevedra: Kalandraka. [48 pp.].(ISBN:978-84-92608-45-4).
Descrición do formato: a obra La conejita Marcela é un libro ilustrado da autora Esther Tusquets (Barcelona, 1936). Este libro é de cartoné cunhas dimensións de 22x22 cm. Na cuberta do libro podemos observar unha ilustración sobre a coelliña Marcela cun buzo e uns lentes. O buzo que esta traía posto era porque cada vez que a pisaban Marcela sempre mordía como resposta, polo tanto para evitar isto puxéronllo. Os lentes que Marcela levaba era porque ela naceu co ollo esquerdo mirando cara a arriba, aínda que os coelliños como ela non tiñan esa característica. Debaixo da ilustración aparece o título do conto, os autores que compoñen a obra e a editorial do libro. A cor amarela de fondo é unha cor alegre. Na garda inicial aparece no fondo unha ilustración de Marcela en contraposición coa última garda que aparece enriba o coelliño branco, Federico. A imaxe deles dous xuntos aparece nunha parte do libro cando Marcela se atopou con el e esta lle pediu matrimonio. Na portada podemos ver o título do libro e o nome das autoras, debaixo disto unha ilustración de Marcela cos lentes. Esta mesma imaxe podémola ver nunha das páxinas da historia. Por outra banda, na contracuberta podemos ver unha ilustración de Marcela e Federico escapando xuntos ata o bosque. Por último, no lombo aparece o nome da autora e da ilustradora mais o título do conto.
Contido da obra: esta obra amósanos a historia dunha coelliña chamada Marcela. Marcela vivía nunha aldea organizada en coellos brancos e negros. Istos tiñan que andar en diferentes zonas, xuntarse coelliños brancos con brancos e negros con negros. Os brancos andaban erguidos e miraban dereito mentres que os negros miraban sempre para abaixo. Marcela era unha coelliña de cor negra. Esta naceu cun ollo que sempre miraba cara a arriba e polo tanto puxéronlle uns lentes para poder disimular o seu ollo e que os coelliños brancos non se sentisen incómodos. Ademais diso a Marcela acontecíalle outra cousa. Cada vez que a pisaban ela sempre mordía. Por esa razón, seus pais decidiron colocarlle un buzo para que os coelliños brancos non se enfadasen cada vez que esta mordía. Un día esta decidiu escapar daquel pobo e chegou ata un no que todo era ao revés. Un día Marcela viu que os coellos estaban organizados por cores. Os brancos por unha beira e os negros por outra. Nestes os negros tiñan unha chea de privilexios que os outros non tiñan. Marcela preocupada polas características que este pobo tiña non quería seguir nun lugar no que existise esta separación por cores. Un día camiñando atopouse con outro coello que era branco. Ámbolos dous quedaron pasmados mirándose. Os outros coellos negros pensaron que Marcela ía ser atacada e tentaron defendela, pero Marcela púxose a favor de Federico, o coello branco, e fuxiron de alí. Marcela decatouse de que Federico era igual a ela, tiñan as mesmas características. El tamén tiña un ollo que miraba cara a arriba e tamén mordía cada vez que o pisaban. Esta propúxolle matrimonio e el aceptou. Xuntos fuxiron para unha pradería onde ningún coelliño habitaba. Alí foron felices e tiveron fillos grises cada un con diferentes características, pero todos erguidos e sen mirar cara a abaixo.
Potencialidades: con esta obra podemos traballar o tema da diversidade. Neste libro preséntase a imaxe dos coelliños Marcela e Federico que son diferentes ao resto polas súas características. Con estes dous personaxes podemos traballar as diferenzas cos nenos e nenas dunha maneira sinxela. Facéndolles ver que ser diferentes non é nada malo senón que é unha cualidade que ten cada un/unha que nos fai únicos e únicas. Aínda que ás veces a xente nos critique sempre vai haber alguén que nos valore polas nosas diferenzas. A lectura deste libro permite reflexionar sobre a diferenza racial e as consecuencias que esta tivo ao longo fa historia. A través deste conto pódese traballar a interculturalidade, a diversidade e a convivencia harmónica, así como o respecto, a xustixa e a igualdade de dereitos.
Recurso educativo:
Guíainfantil (2018,14 de febreiro).Las conejitas que no sabían respetar | Cuento con valores para niños. Descargado de https://www.youtube.com/watchC0mU-qGr8&list=PLjI7GxVH4pqFigqNgBQ (consultado o 14/04/2020)
Gabsturtle (2020, 30 de marzo).Los días en que todo se detuvo I Cuento Infantil. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=H6WkkF9xy0U
Ivan, R.(2014, 5 de setembro). Trabajo de informática-la conejita marcela. Descargado de https://www.youtube.com/watch?v=MXeWFK4CRS8 (consultado o 14/04/2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario