A Pota Que Trota
Patacrúa & K. Andres (2009). A pota que trota. Pontevedra: Editorial OQO, col.
O, 36 pp. (ISBN 978-84-96788-95-4).
Descrición do formato da obra: álbum de tapa dura e encadernación cartoné, escrito e
ilustrado por Patacrúa e Kristina Andres. Esta edición é a versión en lingua galega, aínda que
tamén se pode atopar en castelán, dunha divertida historia tradicional danesa, que ten como
motivo a idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o
destino. Na cuberta presenta unha imaxe dos protagonistas e, na contracuberta, as gardas.
Dende o punto de vista do contido, relátase como un rei ambicioso e ruín ten sometido o seu
pobo á máis extrema das pobrezas, mentres el pasa as horas contando as súas riquezas.
Entre os seus súbditos hai un home e unha muller máis pobres que as arañas que viven
nunha aldea que padece a tiranía do monarca. Porén, un día aparece pota que vai dun sitio
a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde,
tal que se fose un Robin Hood. Formalmente o texto preséntase como homenaxe implícita a
Daniel Castelao, gran defensor da xustiza social. Así, a partir da proposta
«Que comerá o rei? Comerá comerá…» o elemento fantástico —a pota que trota— mestúrase
coa realidade para modificala en beneficio dos máis débiles, nunha lóxica evidente que subverterá
a orde das cousas. As ilustracións aparecen a toda páxina, mentres que o texto se sitúa nas beiras
das páxinas. Empréganse cores moi variadas, cunha gran paleta de tons, aínda que todos configuran
imaxes harmónicas e moi impactantes. A cor predominante é a amarela clara ou marrón desértica,
presentes en todas as páxinas. Os labregos son representados con corpos delgados e altos e as caras
chupadas e alongadas. Mentres que o rei e o seu cociñeiro son baixos de estatura e moi gordos.
Os planos das casas dos labregos nunca son interiores, mostrándonos sempre a casa dende fóra,
o que transmite a sensación de pouco espazo e pobreza, xa que as casas son extremadamente
pequenas e longas. Recórrese así á esaxeración para incidir visualmente no sentimento de baleiro.
Por outra banda o castelo de rei cando é representado dende o exterior sempre está ao lonxe,
aínda que incompleto polo seu gran tamaño, desbordando as marxes do libro, estratexia que tamén
se emprega para recrear os interiores deste edificio. Deste modo, cédeselle ao lectorado a reconstrución
da historia a través da imaxinación e acentúa o sentimento da desigualdade.

Potencialidades: a lectura desta obra permite reflexionar sobre a pobreza e a desigualdade
social, así como o valor da imaxinación e o poder da maxia na vida das persoas. A través da
historia recreada denúnciase a inxustiza e a desigualdade social, que no pasado só podía
combaterse a través da propia imaxinación e a maxia, dado o inmobilismodas clases sociais.
Abordar historias coma esta permite mostrarlles aos nenos e nenas situacións que sendo ficticias
poden ter unha correlación real, polo que conciencialos de que a pobreza é algo que existe é unha
forma de sensibilizalos cara a situacións que pode estar vivindo calquera persoa.

Recursos:
Versión animada da obra en https://www.youtube.com/watch?v=agaKKdnn9aY (consultada o 24/4/20).
Ningún comentario:
Publicar un comentario