Aliaga, Roberto (2009). Croco. Ilust. Minako Shiba. Pontevedra: Oqo. [36 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-070-0).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de forma cadrada e de encadernación cartoné cunhas medidas de 25x23 centímetros. Tanto a cuberta como a contracuberta forman un continuo que, na primeira ten un crocodilo cun frotador, motivo que tamén aparece no título, colocado xusto enriba; mentres que na segunda se pode observarse unha árbore con dous paxaros, un deles tamén cun frotador e o outro pousado nun niño. Os fondos son de color pastel. O texto e a ilustración manteñen un equilibrio constante para conformar itinerarios de lectura complementarios, que se enriquecen mutuamente.
En relación co contido, nárrase a historia dun crocodilo que estaba na beira do río e tiña fame, polo que foi onde a súa nai para comer. A nai díxolle que non podía xa que tiña que coidar do ovo do que ía nacer o seu irmán e que tiña que arranxarse el para comer, polo que o crocodilo marchou en busca de comida. Primeiramente, atopouse cunha cebra e pegoulle un bocado, pegou un berro e o crocodilo desculpouse; seguidamente, a cebra invitou ao crocodilo a comer herba, pero non lle gustou. O crocodilo continuou en busca de comida e encontrouse cun elefante. Ao igual que aconteceu coa cebra, tamén lle pegou un bocado e desculpouse, polo que o elefante invitouno a comer cortiza, pero tampoco lle gustou. Por último, o crocodilo encontrouse cun mono e volveu repetirse o mesmo proceso que cos dous anteriores. Neste caso, o mono invitouno a comer uns cocos, os cales tampouco lle gustaron. O crocodilo volveu onde a súa nai e contoulle o acontecido, a nai explicoulle que era un crocodilo e os crocodilos comen peixes. Nese instante, o ovo que estaba coidando a nai comezouse a abrir e naceu o irmán do crocodilo, polo que os tres se puxeron a merendar no río.
Potencialidades: este conto transmite valores moi diversos. Primeiramente, ensina o valor de coidar a familia, tal como representa a nai do crocodilo; tamén fai reflexionar sobre a necesidade de ser autónomos e aprender por un mesmo a desenvolverse na vida, polo que o protagonista será un modelo co que se poderá identificar o alumnado. Outros valores que tamén se poden traballar con esta lectura son: a solidariedade, bondade, diversidade e inclusión, o coñecemento do medio e tamén a capacidade de adaptación a el.
Recursos:
Obra de teatro feita por nenos e nenas: https://www.youtube.com/watch?v=9uaB0r9cCAQ&t=47s (consultado o 13/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario