Ruillier, Jérome (2004). Por Cuatro Esquinitas de Nada, traduc. Élodie Bourgeois, Barcelona: Juventud. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-261-3447-9).
Descrición do formato do libro: Por Cuatro Esquinitas de Nada é un álbum literario escrito por Jérome Ruillier que ten forma cadrada de 22x22 cm. É un libro de tapa dura, resistente e fácil de manexar para nenos de 5-6 anos e o grosor das páxinas é adecuado. A cuberta é minimalista e a simple vista non resulta moi atractiva para nenos e nenas, xa que só mostra un cadrado e un círculo de cores rechamantes entrando por unha tea furada, na que aparece o título do libro e do autor, mentres que na parte inferior dereita aparece o nome da editorial. A contracuberta tampouco é moi atractiva, xa que mostra o debuxo dunha serra, o cadrado que aparecía na cuberta e outro círculo nun fondo verde. Por enriba dos debuxos aparece o argumento do conto e na esquina inferior esquerda o ISBN e o código de barras xunto á páxina web da editorial. Nas gardas do libro volven aparecer o círculo e o cadrado e na primeira tamén a información de publicación do libro.
Descrición do contido do libro: a obra conta cunha sintaxe narrativa e ilustración no que se pretende un contacto precoz coa estrutura narrativa dende o punto de vista literario e plástico. Este libro desenvolve unha experiencia lectora na que se esixe a implicación e a atención do lector para a produción de sentido e ofrece dous niveis de lectura: unha historia de amizade, sacrificio e empatía e outra de aceptación da diversidade de cada persoa e da inclusión da mesma nun grupo. Conta a historia de Cadradiño que quere xogar na casa dos seus amigos redondiños pero non pasa pola porta porque é redonda coma os seus amigos. Os amigos dinlle que lle van ter que recortar as esquinas pero el non está de acordo porque lle vai doer. Non saben que facer porque Cadradiño é diferente e nunca será redondo. A voz do narrador presenta aos protagonistas, introduce o conflito e pecha a historia, o que se coñece como narrador heterodiexético. As voces dos protagonistas expoñen problemas e sentimentos mediante a prosa e ademais o protagonista, Cadradiño, compórtase coma un neno de 5-6 anos polo que os nenos poden sentirse identificados con el. En canto á arquitectura textual, este álbum preséntase a dobre páxina, tanto as ilustracións coma no texto, e recorre a repeticións “Entonces recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada” e personifícanse obxectos xeométricos coma círculos e cadrados aos que se lle atribúen calidades e sentimentos humanos. Utilízanse campos semánticos adaptados ao lectorado como poden ser o das figuras xeométricas (círculo, cadrado...) ou o da psicomotricidade (alargarse, torcerse...).
Potencialidades educativas da obra: A lectura deste álbum ilustrado ofrécenos traballar a solidariedade e a cooperación que é un tema moi adecuado para estas idades, xa que están empezando a deixar de lado a individualidade e comezan a utilizar o pensamento colectivo. Como outros temas que podemos traballar estarían a inclusión social, a resolución de conflitos, a igualdade, a tolerancia... todo enfocado a que os máis pequenos e pequenas comprendan que cada persoa é única e que non por ser diferente aos demais ten que ser excluída dun grupo ou discriminada.
Recursos educativos:
Mayte C. (2016). Por cuatro esquinitas de nada. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ&feature=emb_title
Creo que Por catro esquinitas de nada é unha obra moi importante e que todos os nenos e nenas deberían coñecer xa que como di a miña compañeira abarca temas moi importantes (como a inclusión, a solidariedad, igualdade…) que os nenos/as teñen que coñecer xa dende pequenos/as para evitar posibles conflictos no futuro, pero ademais destes temas, coa súa lectura tamén se poden traballar aspectos relacionados coas matemáticas xa que os seus protagonistas son de diferentes cores e teñen diferentes formas xeométricas.
ResponderEliminarEn canto a idade eu penso que tamén se podería traballar con nenos e nenas algo máis pequenos/as se antes da súa lectua a mestra ou mestre fai unha pequena asamble onde lles fala deses temas.
Outra alternativa para traballar este álbum atopámolo na páxina Cuentos para crecer (https://cuentosparacrecer.org/blog/por-cuatro-esquinitas-de-nada-actividades-y-materiales/) onde aparecen varias actividades propostas que se poden realizar cos nenos e nenas na aula. O blog Aula de Elena (http://www.auladeelena.com/2014/10/nuestra-experiencia-por-cuatro.html) é outra opción onde unha mestra conta a súa experencia real nunha aula de educación infantil con esa obra.