Sozapato & B. Valencia (2019). Distinta. Pontevedra: Kalandraka
Editora.
Descrición do formato e
contido: álbum ilustrado con texto de Beto Valencia e imaxes de Sozapato. De formato
cadrado, de fácil manexo para os/as usuario/as e tapa dura, na cuberta
predominan as grandes dimensións dos debuxos como a ilustración da protagonista
do conto e destacan as cores vivas. Ademais, tamén aparece o nome do escritor,
da ilustradora e da editorial. Na contracuberta atópase o nome da colección á
que pertence o conto, o ISBN, o código de barras e páxina web da editorial. No
interior, as ilustración presentan un claro contraste entre as que reflicten a
sociedade, nas que abundan e sobresaen as cores escuras que transmiten tensión
e tristeza, pola contra cando aparece Lúa, a protagonista, as páxinas énchense
de alegría. En todas as páxinas prevalecen as imaxes figurativas fronte ao
texto.
O contido de Distinta xira ao redor da
historia de Lúa, unha nena que desfruta e valora cousas pequenas e
insignificantes para o resto da sociedade. A positividade, as ganas de vivir e
a enerxía dela loitan fronte ás rutinas, a negatividade, o mal humor e as
desganas dos adultos. Este conto presenta dúas perspectivas e maneiras de ver a
vida a afrontar o día a día. Todo isto fai que Lúa se sinta diferente. A
historia é narrada en terceira persoa.
Potencialidades:
A través deste conto podemos traballar o valor do
autoconcepto e tamén da autoestima desde unha perspectiva positiva. Aplicar
estes valores na aula axuda aos nenos e nenas a ter máis autonomía,
independencia, seguridade ante posibles problemas ou conflitos, coñecer as
fortalezas e debilidades dun/ha mesmo/a. Ademais outro aspecto fundamental que
se traballa con esta obra é fomentar a visión positiva fronte á vida, aos
problemas, ás diferentes situacións, poder ver as cousas dunha maneira global e
obxectiva.
Recursos:
Oliver, J. (2019). Distinta’ para
disfrutar de nuestras diferencias, en https://papelenblanco.com/distinta-para-disfrutar-de-nuestras-diferencias-78c8e9246076 (consultado o 25 de marzo de 2020).
Recensión no Blog Apego y literatura en
http://apegoyliteratura.es/resena-distinta/
Ningún comentario:
Publicar un comentario