BRUNO, Pep (2010). A Familia C, III Premio
Internacional Compostela para álbums ilustrados en 2010, Ilust. Mariona
Cabassa. Pontevedra: Kalandraka Editora [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-740-9).
Formato e contido da obra:
Este libro é un álbum ilustrado con texto de Pep Bruno e
ilustracións de Mariona Cabassa. A súa encadernación é de cartón. Na cuberta
observamos as extremidades inferiores de tres persoas, un gato negro con botas
nas súas patas e unha muller con un sombreiro vermello agarrando un globo onde
aparece a letra C, a cal podemos identificar con diferentes palabras que
coñezamos, como poden ser circo, cor, conto ou outras máis. En cambio, na contracuberta
o único que se observa son cinco cuncas de café unha enriba das outras. As gardas
deste libro tanto as do comezo como as do fin son de cor vermella, o que se
pode relacionar co sombreiro da muller que aparece na cuberta. En canto á portada
cabe mencionar que aparecen o título do álbum ilustrado, o nome do autor e do
ilustrador, así como a editorial e un dos premios que ganou.
As ilustracións deste álbum ocupan a páxina
completa. A maioría das ilustracións son de carácter fantástico xa que vemos
nunha delas como saen persoas voando como se fosen heroes. Mostran as
diferentes actividades que van ir facendo os protagonistas ao longo da
historia.
O contido do libro xira ao redor dunha familia
formada por un pai, unha nai e o seu fillo aos cales lles gusta moi o circo.
Conta como é o seu día tódalas mañás, o pai é o que fai o almorzo, mentres que
a nai le o xornal. A nai traballa nun hospital e o pai é modisto e cando
rematan de traballar van buscar ao seu fillo ao colexio para saír rápido e acudir
ao seu espectáculo preferido, o circo. De aí que apareza a letra C como
referencia a esta familia, de gran espírito circense. A historia conta en todo o seu transcurso cun narrador en
primeira persoa, o cal vai situando aos lectores nos diferentes escenarios do
libro. O texto deste álbum é fácil de ler e de entender para todos os nenos e
nenas a partir de 2 anos.
Este álbum recibiu o III Premio Internacional Compostela
para álbums ilustrados en 2010. Foi traducido á lingua castelá co título de La
Familia C, á lingua portuguesa co título de A Familia C, á lingua
catalá co título de La Família C, á lingua inglesa co título de The C
Family, á lingua vasca co título de Z Familia e á lingua italiana co
título de La Famiglia C.
Potencialidades educativas
A lectura deste álbum ilustrado nunha aula de educación
infantil permite reflexionar sobre os roles de xénero, plasmados neste pai e a
nai teñen roles de xénero dentro do seu fogar diferentes ás tradicionais. A
lectura visual e textual da obra tamén nos axuda a ensinarlles aos máis
pequenos os diferentes tipos de profesións que hai e como tanto homes como
mulleres poden desenvolver cada unha desas profesións, como é o caso desta
familia na que a nai traballa nun hospital e o pai é modisto.
Recursos educativos
Fernández Etreros, C. (2010). La familia C. Recensión da
obra. En https://www.culturamas.es/2010/12/22/la-familia-c/
(consultado o 9/4/20).
Nicolás, R. (2010). “A familia C’ de Pep Bruno e Mariona
Cabassa”, Caderno da
Crítica, en https://cadernodacritica.wordpress.com/2010/11/09/a-familia-c-de-pep-bruno-e-mariona-cabassa-2/
(consultado o 9/4/20).
Ningún comentario:
Publicar un comentario