Cave, Kathryn (2003), Otra cosa, ilust. Chris Riddell, trad. Rita Schnitzer, Barcelona: Ediciones Elfos, (de 5 a 8 anos), [28 pp.] (ISBN: 84-8423-152-6).

Na cuberta, na parte superior, aparece o título do conto, o nome da autora e o nome do ilustrador. No centro, ocupando gran parte do espazo, podemos ver unha ilustración na que aparece o protagonista. Na parte inferior, a editorial. Na contracuberta tamén podemos apreciar unha imaxe do fogar do protagonista, unha breve descrición do conto e unha pequena observación na que se menciona que foi premiado co UNESCO Prize for Children's and Young People's Literature in the Service of Tolerance.
O conto ten 28 páxinas nas que o texto é sinxelo, non moi abundante e de fácil comprensión. O estilo das ilustracións son imaxes orixinais e divertidas, co predominio da cor azul e as veces con tonalidades escuras.

Este libro narra a historia dun personaxe que ten como nome "Otra Cosa". Quere con todas as súas forzas ser igual que os demáis pero non ten éxito xa que sempre o rechazan por ser como é: unha criatura rara.

Finalmente, foron moi bos amigos: "Eran diferentes, pero estaban juntos y se entendían".

Potencialidades: Otra cosa é un libro que penso que chama a atención a simple vista. É unha historia que ensina aos máis pequenos valores como o respecto a diversidade e a aceptación tanto dun mesmo coma dos demáis. Permite a reflexión sobre a intolerancia, a amizade, a soidade e a inclusión por iso o considero un libro extraordinario no que acabas tendo sentimentos encontrados pero co predominio dun final alegre. O recomendo totalmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario