mércores, 12 de abril de 2017

A avoa encarna fai niño

Neira Cruz, Xosé A. (2009). A avoa Encarna fai niño, A Coruña: Everest Galicia, col. Rañaceos, (+6 anos), (48 pp), (ISBN: 978-84-403-1106-1).


Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun libro ilustrado de formato mediano e rectangular, con tapas duras e neste caso está forrado para que non se deteriore co uso.
Na cuberta observamos o título do libro A avoa Encarna fai niño xunto co nome do autor, e o nome da ilustradora, Noemí López. A ilustración amósanos un ceo cheo de paxaros nunha aldea do rural galego, na que se ve unha meniña e un home observando as aves. Na contracuberta aparece un pequeno resume da obra e unha paisaxe con árbores e máis paxaros.


Cabe destacar que a historia é de creación e escrita galega, non se trata dunha tardución ou adaptación.
O conto nárranos a historia da avoa Encarna, facendonos revivir a súa vida dende a súa infancia ata a súa morte. Encarna vai pasando por diferentes fases coma son a nenez, a adolescencia, a mocidade... e en cada unha delas identificase cun paxaro. Dinnos que ela sempre viviu coma un paxaro, e finalmente rematou a súa vida dese xeito, converténdose en paxaro.


As ilustracións do interior son en ocasións de tamaños esaxerados sen proporción algunha. Obsérvanse elemntos da cultura galega coma son as zocas, as construcións e as paisaxes, dándolle así unha familiaridade que fai que fagas a lectura con agarimo.


Potencialidades:
As ilustracións do interior acompañan á perfección a narración, aportando ao lector un bo apoio visual á hora de facer unha representación mental da obra. Elexin este libro principalmente porque creo que é moi importante o tratamento da morte cas nenas e nenos, xa que as veces lles toca vivir situacións para as que non están preparados.
A imaxe que temos do suposto "ceo" que nos fixeron crer a algúns dende ven pequenos quédase curta para estes tempos, é unha simple mentira (ao meu parecer) que nos creamos para non ter medo dese intre, desa fin. No momento no que perdes a alguén ou nesa estapa da nenez na que non comprendes o que é a morte, fai falta un apoio para facerse a idea do que é e para levalo o mellor posible.
O feito de amosarlles aos nenos e nenas que, aínda que perdamos a un ser querido, seguiremos téndoo no noso corazón e que, sexa cun paxaro, cunha canción ou con calquera elemento que se nos ocorra, poidamos recordar a esa persoa ou sentila ao noso carón.
En definitiva, foi un libro que me gustou moito, tanto polo tema que trata como pola maneira na que o trata, rematando con esta frase que tanto me gustou:
"Quizais iso é querer a alguén: non esquecer xamais que hai un paxaro no mundo que sempre levará o seu nome"

Ningún comentario:

Publicar un comentario