Moure,
Gonzalo (2012), El arenque rojo, ilust. Alicia Varela, Madrid: Ediciones SM, (a
partir dos 5 anos), [24 pp.] (ISBN: 978-84-675-5685-8).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum
ilustrado interactivo e sen palabras, de tamaño medio (27,5x27,5 cm.), con
pouco volume e cantos redondeados.
A cuberta amosa unha paisaxe dun
parque case valeiro. Digo case porque nela podemos atopar unha única personaxe:
o protagonista da obra. No medio, ao lado dereito, está o título da obra, e
xusto debaixo o nome do autor e da ilustradora.
A contracuberta continúa coa
paisaxe da cuberta, e sobre ésta, un breve resumo do contido da obra.
O interior está conformado por
ilustracións a toda páxina, carecendo por completo de texto. Estas ilustracións
están moi cargadas, pois podemos observar un cúmulo de personaxes e situacións
diversas que están a acontecer.
Referíndonos ao contido, podemos
dicir que atopámonos ante unha obra que representa a secuencia dunha tarde
calquera nun parque calquera. Inicialmente podemos pensar que a obra parece
centrarse unicamente na historia do protagonista: el arenque rojo. Pero en
realidade hai moito máis do que pensamos.
Potencialidades: :
tal e como se comenta na contracuberta “estés donde estés,
cerca de ti hay historias. Muchas historias. Tantas como personas. Pero ¿las
vemos? A veces sí. Y en eso consiste este libro. Al principio, la primera vez
solo verás el arenque rojo. Un pretexto para distraerte, un juego, casi una
broma. Pero en el fondo, es tu mirada”.
Tal e como acabo de mencionar, a
primeira vez que os nenos e nenas abran esta obra, centraranse unicamente en
encontrar ao arenque, en saber que lle estará a acontecer. Non obstante, en
canto abran por segunda, terceira, cuarta… vez o libro, poderanse dar de conta
de que ao redor do protagonista están a suceder mil cousas máis: hai moitas
persoas, moitas vidas, moitos acontecementos. Deste xeito o autor pretende que sexan
os protagonistas: “el arenque eres tú, es cualquier que mire estas páginas”, de
tal forma que é como si estivesen dentro da obra, observando como si fosen o
arenque rojo, todo o que pasa ao seu redor. Así, iranse fixando en cada unha
das personaxes que hai en cada páxina, imaxinando as súas vidas, o que fan e o
que non. De feito, cada un deles e delas fará unha interpretación diferente
desas vidas, deixando así voar a súa imaxinación cada vez que abran o libro,
representando na súa mente, unha e outra vez, a vida destes personaxes, pero
cada vez dun xeito diferente: poderán inventar unha e mil historias, pois cada vez
que pasen a páxina verán que todas as personaxes continúan no mesmo lugar,
aínda que se se fixan ben, cambian os seus xestos, fan algo distinto… é nese
momento cando o lector ou lectora entra en escena, interactuando coas
personaxes para decidir que lles está a suceder en cada unha das páxinas.
Podemos darnos de conta de que esta
obra é un gran recurso para fomentar o desenvolvemento da imaxinación e a
interactividade, pero tamén para que os cativos e cativas aprendan a fixarse
nas pequenas cousas, primeiro na obra que teñen diante e logo nos acontecementos
do día a día, de todo o que os rodea.
Finalmente, cabe destacar que esta
obra trae consigo un sobre na última páxina cun pequeno libro onde o autor
facilita sete historias de sete personaxes distintas, representadas a través de
ilustracións. O que fai é inventar unha historia para cada unha delas, dando
así unha pequena pista de cómo os nenos e nenas poden crear as súas propias
historias, sempre distintas.
Agora só tes que coller esta obra, deixar que os
meniños e meniñas escollan entre as diferentes e diversas personaxes que hai
seguindo o seu recorrido páxina tras páxina, inventando e imaxinando o que lle
sucede, a súa vida… Contribúe a que os cativos e cativas poidan dexar voar a súa imaxinación, creatividade, orixinalidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario