luns, 10 de abril de 2017

LOLA Y LA NIEVE




LOLA Y LA NIEVE 

Texto e ilustración:  Mercé  Arànega;  Director  de la colección:  M. Jose Gomez Navarro; Coordinacion: Josep LLusa; Editorial : EDELVIVES; PRIMERA EDICIÓN, septiembre 2001; (ISBN:84-263-4594-8)







Breve descripción del formato y contenido de la obra: Es un pequeño libro que consta de dos pastas de cartón duras. En la cubierta delantera aparece una imagen de Lola, la protagonista de la historia. Ella aparece en el centro de la cubierta con una montaña de nieve en las manos. En el fondo de la imagen  aparece la vaca que los ayuda a escapar del zorro. El nombre de la protagonista aparece en grande, en comparación con el suplemento del título. Debajo del título de la historia aparece el nombre de la autora del cuento.
Por la cubierta de atrás, aparece la colección de LA RANA LOLA.
El libro cuenta con una totalidad de 29 páginas en su interior. En cada una de ellas, aparece representado mediante dibujos y un pequeño   texto la escena que se está desarrollando según se va contando la historia.
El texto es breve, repitiéndose solo en una de las carillas de la doble página. Está colocado en la parte inferior o en la parte superior de la hoja. La letra es tipo caligrafía, por eso le muy fácil de leer, incluso para aquellos que están empezando.


Lola  es una rana a la que le encanta la nieve. En esta ocasión, está muy contenta porque está nevando y puede jugar con su hermano Daniel, fuera de casa y hacer muñecos con ella. Sin querer, se van alejando de la casa y mientras juegan, despiertan a un zorro. Menos mal que cuando corrían tras ser perseguidos por el zorro, encuentran a una vaca que les ayuda a escapar y a esconderse del animal.














Potencialidades:Este cuento debe ser leído o escuchado por los más pequeños, ya que es muy interesante y pueden aprender muchas cosas. Es corto y fácil de leer, por lo que los niños no se aburrirán al leerlo o escucharlo.


Lo principal que se aprende con este cuento, es que si no tienen cuidado, pueden molestar a los demás con sus juegos.



También interactúa con los alumnos, ya que al final del cuento, aparece una hoja en blanco donde los niños pueden dibujar su propio muñeco de nieve.  

YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI

Balmes, Santi (2011), Yo mataré monstruos por ti, ilust. Lyona, Barcelona: Principal de los Libros, (a partir de 4 anos), [32 pp.] (ISBN: 978-84-938978-8-8).


Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado, encadernado en cartoné, de forma cadrada que mide 20 x 20 cm, con láminas grosas. 

Na cuberta aparece o título do libro: Yo mataré monstruos por ti, o nome do autor, a ilustradora, a editorial e unha imaxe na que se presenta as dúas protagonistas da historia. Na contracuberta aparecen unha serie de preguntas que teñen relación co conto, a web da editorial e o ISBN. 

O conto ten 32 páxinas cun texto predominante nalgunhas ocasións e cunha caligrafía un pouco complicada para os primeiros lectores. As ilustracións aparecen con tonos pastel a través das cales podemos percibir unhas imaxes doces que fan que nos sintamos inmersos na obra.


Nárrase a historia de Martina, unha nena que ten medo a escuridade e está convencida de que debaixo do chan hai unha civilización de monstros. O que non sabe e que nese outro mundo o seu reflexo, neste caso Anitram (Martina á inversa) ten exactamente os mesmos medos e tamén está convencida de que debaixo dela hai unha civilización de humanos.

Unha noite os brazos de ambas as dúas saíron das súas camas e de repente abriuse un burato negro deixando que as súas mans se tocasen. Déronse conta de que tiñan medo de algo que non coñecían. Dende aquel día, cada noite se dan a man.

Potencialidades: Esta é unha obra na que se tratan especialmente as emocións. Temos que recoñecer os propios medos e saber como afrontalos. As veces temos medo de cousas polo simple feito de que non as coñecemos pero se somos atrevidos podemos deixar atrás todo o que tememos. 

Yared e a reciclaxe

YARED Y EL RECICLAJE

Sánchez Meli (2005). Yared y el reciclaje, ilust.  Pablo Álvarez, Vigo: Nova galicia edicións, [12 pp.] (ISBN: 9788496950795).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario divulgativo expositivo de gran formato (20,5 x 25). As cubertas son ríxidas de cartón duro e con esquinas sobresaíntes e puntiagudas.
IMG_20170410_195943.jpg
Na cuberta pódese ver a imaxe de Yared levando lixo ao contenedor,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro. O título do libro está na parte superior do mesmo. Na parte inferior atópanse o nome da autora, ilustrador e editorial. No lomo aparecen a imaxe dos tres contenedores de reciclaxe (verde, azul e amarelo). Nas gardas, tanto na anterior como na posterior están cubertas imaxes de diferentes contenedores dispostos sobre un fondo azul.


Referíndonos ao contido da obra esta esta composto por grandes imaxes dispostas ao longo das páxinas, ás veces chegando a ocupar dúas láminas. Estas imaxes representan o que dí o texto. As letras son de tamaño mediano e con bastante texto.

Este álbum fálanos sobre a reciclaxe e como ésta se leva a cabo. Pois Yared e un neno que nunca reciclou e non sabe como se fai. Por iso os seus pais e irmáns lle explican como é o proceso da reciclaxe.

IMG_20170410_195955.jpg

Potencialidades: Un libro diferente, que nos recorda a importancia da reciclaxe para o planeta.
Considero que se poden traballar moitos aspectos unha vez presentado o conto na clase, como reflexións, actividades de reciclaxe, a reciclaxe na aula e nos fogares...


De cores e de amores

DE CORES E DE AMORES

Docampo, Xavier P., Cobas Xosé (2005). De cores e de amores, ilust. Fausto Isorna, Vigo: Editorial Galaxia, [15 pp.] (ISBN: 9788482888606).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado non narrativo de pequeno formato (20 x 16). As cubertas son ríxidas e de tapa dura con esquinas sobresaíntes.
IMG_20170410_191942.jpg
Na cuberta pódese ver a imaxe do que parece unhas pingas de cores e unha mancha de cor vermella,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro, O título do libro está dividido en dúas partes pois no centro ten a imaxe da cuberta. Na parte inferior atópanse os nomes dos autores. No lomo podemos apreciar como unha sucesión da cuberta, pois neste caso vemos outra vez pingas de cores e unha mancha azul, ademais dun texto que nos pode dar a entender de qué pode ir o interior do conto.
Nas gardas, tanto na anterior como na posterior están cubertas por cores de diferentes tons, máis azuis na parte anterior e máis alaranxado na posterior.

IMG_20170410_192020.jpg

Referíndonos ao contido da obra esta esta composto por pequenas imaxes dispostas ao longo das páxinas ocupando sempre o espazo de dúas láminas. Estas imaxes só son pingas de cores que fan diferentes xestos (xuntarse, mezclarse...) As letras con grandes e situadas en lugares de fácil visibilidade, normalmente ocupando as dúas láminas.

Este conto fala do amor, e da diversidade que hai nel. Fálanos da necesidade de querer e de ser queridos, sexa cal sexa a nosa cor, e xuntos faremos novas cores.
IMG_20170410_192001.jpg


Potencialidades: Un libro que fala sobre a importancia do amor e de sentirse queridos, ademáis fala da diversidade pois cada pinga é dunha cor, cores que se xuntan e dan lugar a novas cores ou ata cousas tan máxicas coma o ceo, os paxaros… “Das cores do amor, e de amores de todas as cores”

Calimero, el día del padre

Calimero, el día del padre


Nino Pagot, Toni Pagot e Ignacio  Colnaghi (2015). Calimero. el día del padre, ilust. Nino e Toni Pagot, Francia, Editorial Planeta S.A. (3+), [ISBN: 978-84-08-15274-3]



Este conto é un álbum ilustrado, xa que se pode ver como ten imaxes e letra. Ao longo do conto podemos ver como unha páxina é dedicada a imaxes grandes, con colorido, resaltan os presoaxes xa que teñen a cabeza máis grande que o corpo, e por outto lado na outra páxina está o texto con letras bastante grandes. O formato do libro é de tamaño mediano e forma cadrada, as tapas son duras e as páxinas suaves. Na cuberta podemos ver como sae Calimero co seu pai cun fonde verde, transmite alegría; mentres  que na contracuberta saen todos os personaxes que son mamá, papá, Calimero e os seus amigos. Aparecen nun fondo verde tamén e un mini resume do conto.


Este conto trata sobre unha amiga de Calimero, Priscila, que lle ensina aos seus amigos o que lle vai regalar a seu pai polo día do pai. Todo comeza cando a Calimero se lle caen ao chan as figuritas que lle iba regalar Priscila e estas rompen. A nena cando estaba a punto de chorar, aniárona a que lle representara o seu musical preferido como regalo, despois de tanto ensaiar e traballar Priscila dalle o seu regalo a seu pai.


As potencialidades que vexo neste conto son traballar o día do pai, neste día podemos facer uns detalles para os pais por exemplo. Aínda que por outra parte podemos traballar a cooperación en grupo, axudándonos uns aos outros nubha tarea, ou realizar unha obra de tear¡tro en conxunto.

CROCODILO NAMORADO



CROCODILO NAMORADO


Texto e ilustacións: Daniela Kulot, 2000 ; Traducción: Marc Teger e Pilar Martínez, 2007; Editorial: Faktoría  K de Libros; PRIMEIRA EDICIÓN: maio, 2007  
(ISBN: 978-84-935122-4-8)



Breve descripción do formato e contido da obra: Este conto é un álbum ilustrado de pouco volume que conta con dúas tapas duras de cartón. A cuberta presenta a imaxe dos personaxes da historia,  onde Crocodilo está dándolle unha aperta a Xirafa, mentre a colle da perna. O que máis destaca na imaxe representada é  a diferenza de tamaño que podemos apreciar entre un e o outro. A Crocodilo véselle enteiro, mentre que a Xirafa soamente se lle ven as súas pernas longas e o seu tronco. 
Debaixo de esta imaxe, aparece o título da historia "Crocodilo namorado", e porriba da imaxe, o nome da ilustradora do conto, Daniela Kulot. 

Este libro conta con un total de 25 páxinas, nas que a historia está representada a través de imaxes e dun pequeno texto. 
As imaxes ocupan casi a totalidade da folla e repitense en todas as páxinas do libro. O mesmo lle pasa ao texto, haino en todas as páxinas do conto, pero soamente ocupan dúas ou tres liñas na parte superior na inferior ou no na parte central de cada unha das páxinas. 












Hai días que Cocodrilo está inquedo. A veces ten frío, a veces ten calor, a veces está moi triste... O que lle pasa é que está namorado. Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella un tanto peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é ahí onde Crocodilo emplea toda  a súa maña, co obxetivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.

Potencialidades: É un libro moi interesante e moi entretido para os máis pequenos xa que está cheo de humor, e eso aos nenos encántalle. 
Está moi ben que os nenos lean este conto, xa que lles ensina que o mundo é para todos igual e non debe haber ninguna diferenza. Tamén dun certo modo, anima aos cativos a conseguir todos os soños que teñan, xa que como Crocodilo quería chamar a atención de Xirafa, no parou ata conseguilo, porque como ben ensina esta historia, o amor non entende de tañamos, de razas nin de cores. 


OSIÑO E GANSO


OSIÑO E GANSO 


1997 HAPPY BOOKS- MILÁN; Editorial: EVEREST GALICIA, S.L. - A CORUÑA; Ilustracións: Maurice Pledger; Textos: Esperanza Moreiras. (ISBN: 84-403-0323-8)





Breve descrición do formato e contido da obra: Este conto é un pequeno libro que está presentado entre dúas pastas duras de cartón. Na súa cuberta principal aparece unha imaxe do osiño e do ganso, que son os protagonistas da historia.  

O libro conta con soamente 10 páxinas, nas que se presenta a historia a través de imaxes e dun pequeno texto. 
O texto é bastante breve e atópase situado nas páxinas impares da historia, ocupando menos da metade da parte superior de cada una de elas, mentres nas outras soamente aparecen imaxes, que cubren a totalidade da páxina.























A maior parte do texto é un diálogo, no que o protagonista do conto, o Osiño fala cos demáis animais que se vai atopando. Tamén aparece nalgunhas ocasións a figura do narrador. 

O osiño vai de viaxe para coñecer a natureza. Nesta viaxe conta ca compaña dun ganso, o cal o leva á granxa na procura de aventuras. 
Según van paseando por os diferentes rincóns da granxa, vanse atopando a diferentes animais dos cales se van facendo amigos. Cando o osiño cansou marchou co ganso da granxa, contentos coma perdices por acabar o día cunha chea de amigos novos. 


Potencialidades: É un libro bastante interesante para os máis pequenos, xa que intrigalle a situación de a ver a quen se atopa na siguiente vez. 
Tamén aprende os diferentes animais e os seus ruídos naturais. 
É un conto bastante pequeno, polo que os nenos non se aburrirán. 
En canto as imaxes que representan a historia, creo que están moi ben representadas, xa que se ve con claridade e sen necesidade do texto o que vai acontecer. 












domingo, 9 de abril de 2017

O fío

García Iglesias(2016),El Hilo,ilust.Rosa Osuna,Sevilla:Kalandraka ,col.Libros para soñar (+3 anos)[36pp] ISBN(978-84-864-989-2)

Breve descrición do formato e contido da obra : Libro ilustrado,de forma cadrada (22x22cm), encadernado en cartoné ,e de pouco volume  .Consta dunha cuberta e contracuberta, ámbalas dúas de tapa grosa. Na cuberta aparece unha imaxe dun neno sostendo un fio todo enmaranado 
O título da obra amósasenos no centro do libro , en maiúsculas  ,mentrés que o nome da autora aparece debaixo,xunto co da da ilustradora ,e debaixo de ámbalas dúas a editorial do libro .Na contracuberta ,o nome da editorial,Kalandraka. No seu interior atopamos unhas gardas onde a esquerda  se nos amosa unha ilustración dun gato de cor azul turrando pola boca dun fío mentras que do lado dereito está un páxaro amarelo co seu niño termando do fio .Se pasamos a folla temos unha portada onde a man esquerda temos as referencias de publicación,é dicir,ano de publicación,rescripcións,o ISBN ,o número de páxinas...,mentras que polo outro lado aparece no encabezado o nome do autora e da ilustradora ,e debaixo o nome do título e a súa editoral,acto seguido atopamonos cunha imaxe sinxela dun neno onde as cores predominantes van a ser o azul e o amarelo,resaltando sobre un fondo de cor branco ,ademáis consta de pequenas narracións en primeira persoa onde nos conta a historia de como o rapaz da imaxe atopou un día un fío na súa chaqueta ,así que decidíu tirar del ata que a súa chaqueta acabara por desaparecer e no seu lugar houbese  un gran morico de fíos ,pero a cousa non acababa aí xa que o fío agora extendérase a camiseta e dela o pantalón e logo os calcetíns e o calzón .Cando xa daba por finalizado o nó,percatouse de que aínda permanecía e  seguíuno e veu que estaba nun raio de sol pegado e turrou por el e o sol desfiañouse,logo unha nube e máis tarde o ceo enteiro,logo descendeu  por un bidueiro,desbaratando aquel bosque ,cando rematou atopouse só e canso, nunha páxina en branco xunto cun ovelo enmarañado.

 Potencialidades: é un libro didáctico cargado  de  humor e ironía(cando o neno comeza a turrar do fío e cada vez,vaise desvaecendo todo o seu redor mentras que o ovelo vaise facendo máis grande ),neste aspecto poderíamolo interpretar como que a vida e un ovelo grande cheo de fios enmarañados e moitas veces nos atopamos febles ante él e non sabemos como resolver os nosos problemas
Ritmo dinámico:Atopamos que a historia nos dá a sensación de movemento ,xa que os acontecementos son moi detallados nas ilustracións e permitennos ir seguindo o fio da historia ,nunca mellor dito.( Cando se vai desfiañando a chaqueta logo a camiseta ,o pantalón,os calcetíns os calzóns ,o raio de sol,as nubes,o ceo e o bosque de bidueiros).
Os aspectos máis relevantes do texto e que é rimado, con predominio da destreza manual,a curiosidade, a intriga,o xogo, os distintos cambios de ánimo dende o interés, a preocupación, a sorpresa ou as  travesuras ata  o agotamento final. As ilustracións caracterízanse pola  neutralidade resaltando os protagonistas sobre unhas páxinas en branco.



BALEA

Fernández, Federico (2015), Balea, ilust. Germán González, Pontevedra: Kalandraka Editora, (+3 años), [12pp.] (ISBN: 978-84-8464-977-9).


Breve descrición do formato e contido da obra: Balea é “o que queiras que sexa”. Balea é un álbum ilustrado interactivo sen texto, é un gran mural a dobre cara, é un póster que vén pregado en forma de acordeón... Esta obra presenta un formato rectangular de 14 x 33,5 cm e cando a despregamos mide 1 m 40 cm. Ten os cantos rectos e formando puntas. As láminas son grosas. Tanto a cuberta como a contracuberta son duras. Pódese colgar xa que, na parte superior, trae dous buracos, un en cada extremo.

A cuberta vén gardada por unha funda de cartón brando e nela aparece: por diante, o nome do gran mural en vertical (as letras simulan ser de metal, para adiantar o que nos espera ao abrilo), cinco peixes de diferentes cores (que nos levan ao mundo mariño) e dous buzos vestidos con traxes amarelos pintando a última letra de Balea, todo isto sobre un fondo azul que simula ser auga; e na parte de atrás veñen impresos os datos do álbum, os autores, unha dedicatoria e unha presentación. Na contracuberta podemos ver a cola da balea xunto a un peixe e algas mariñas. Tamén aparece o código de barras e o ISBN.



Unha vez despregado o mural vese, por un lado unha balea xigante metálica somerxida no mar e, polo outro lado a mesma balea pero, esta vez, por dentro. O cetáceo simula ser un submarino. Na primeira parte, a balea está acompañada de peixes de diversas cores, de buzos e de algunha alga. Ó darlle a volta o mural vemos o interior do cetáceo. Está dividido en pequenos espazos, onde se dan moi diversas situacións. Dentro da balea, todo parece estar comunicado pero, á súa vez, en cada “camarote”, están pasando cousas distintas. Todo está cheo de pequenos buzos vestidos de cor amarela que realizan distintas actividades. As lectoras e lectores irán seguindo as ilustracións, do xeito que elas e eles queiran e formando a historia da gran balea mecánica deixándose levar pola imaxinación. Se nos paramos a analizar esta obra atoparemos ata os máis mínimos detalles.



Potencialidades: Balea promove a lectura sen palabras. Isto implica que as lectoras e lectores non se ven condicionadas/os por ningún tipo de texto. Nós somos os encargados/as de deixar voar a imaxinación e crear a nosa propia historia deducindo e interpretando o que os pequenos buzos fan na cociña, no dormitorio, na sala de control, na zona artística... A imaxinación é un dos elementos fundamentais da obra.

Hai que destacar o potencial interactivo desta obra, como dicía arriba, ao non haber texto, teremos que ir contando entre todos e todas a historia seguindo as ilustracións. Existe, de este modo, unha participación activa do lector/a. Ademais cada un, dependendo das experiencias previas que teña, fará lecturas diferentes.

Outro aspecto a salientar é que en Balea podemos ir conformando a historia, non so de esquerda a dereita (como nos libros convencionais), senón que o podemos facer de dereita a esquerda, de arriba a abaixo, de abaixo a arriba, despregando o álbum enteiro, despregándoo por partes, comezando pola parte de adiante, pola de atrás... Este aspecto queda á elección dos lectores e lectoras.

Os mínimos detalles que marcan a obra de Federico Fernández e Germán González fan que, en cada lectura que se vaia facendo, se descubran novas historias. Sempre atopamos algo que nas veces anteriores non repararamos. Balea presenta, por isto, infinitas lecturas.

Para rematar, gustaríame destacar o feito de que todas as persoas que aparecen na obra vaian igual vestidas. Isto mostra un sentido igualitario, deixando ver que todos somos iguais. Valor que me parece importantísimo transmitir a nenas e nenos dende idades moi temperás.

sábado, 8 de abril de 2017

UN AGASALLO DIFERENTE

Azcona, Marta (2005), Un agasallo diferente, ilust. Rosa Osuna, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka, col. Demademora, (de 3 anos en adiante), [34 pp.] (ISBN: 978-84-8464-527-6). 


Breve descrición do formato e contido da obra: Este conto é un album ilustrado, encadernado en cartoné, de forma cadrada cun tamaño de 22 x 22, con láminas grosas. 


Na cuberta aparece o título do libro en cor negro e en minúscula, o nome da autora, o nome de quen fixo a tradución ao galego e a editorial. Destacamos a ilustración dos dous protagonistas da obra. Na contracuberta podemos ver o nome da colección, a web da editorial e o ISBN. 
O conto ten 34 páxinas, con texto pouco abundante, sinxelo e de fácil comprensión. As ilustracións son imaxes atractivas, cunha mestura de cores e debuxos rechamantes e moi divertidos. 

En canto ao contido, nárrase a historia de Marcel un pequeno monstro que está de aniversario e invita ao seu amigo Tristán quen o obsequia cun agasallo un tanto peculiar: un trozo de tela. Nun primeiro instante non lle fai moita ilusión a Marcel pero a medida que vai transcorrendo o conto vamos vendo que lle dan moita utilidade a ese pano: límpanse con el ao comer pasteliños con nata, ao saír a dar un paseo protéxense do sol...




Podemos mencionar tamén que aparece un personaxe paralelo, que sempre os está vixiando, atento a todo o que fan con ese trozo de tela. Ao rematar a historia aparece cunhas tixeiras e unha cortina toda desfeita. 




Potencialidades: A través desta obra podemos traballar moitos aspectos como a amizade. o aprecio cara as cousas que nun primeiro momento as vemos como algo insignificante e de pouco valor, a reciclaxe, e incluso a capacidade de imaxinación xa que calquer cousa pode ser algo extraordinario e moi útil e para iso, temos que deixala voar. 

martes, 4 de abril de 2017

MI PRIMER RELOJ


Libsa, (1998), MI PRIMER RELOJ, Ilust. F.Noriega, Madrid: Libsa [28pp.], (ISBN: 84-7630-739-X).



Descrición do formato e do contido da obra: álbum ilustrado interactivo de tamaño mediano e de formato rectangular (20 x 22), con cubertas e páxinas de cartón duro e de cantos redondeados. As páxinas están unidas por medio de argolas. Na cuberta aparece o título en letras grandes negras, un montón de reloxos e mais un dos personaxes da obra. No centro hai un reloxo que está incrustado no propio libro. Pola súa banda, na contracuberta aparecen máis personaxes, cada un cun reloxo diferente,  un breve resumo da finalidade do libro do que estamos a falar e outros títulos da mesma colección. 

As ilustracións son a toda páxina. Trátase de imaxes moi coloridas e divertidas para chamar a atención dos nenos e nenas. O texto aparece en forma de  pequenas frases en todas as páxinas do libro. Non está localizado sempre no mesmo sitio, unhas veces atópase na marxe superior da páxina, outras na inferior, e outras no medio da páxina, ou nos tres sitios á vez. 

A finalidade deste libro é que os nenos aprendan as horas dunha maneira sinxela e divertida. Para isto, contaremos coa axuda do reloxo que está incrustado no volume, o cal ten agullas móbiles e números vistosos para que os nenos poidan ir marcando nel as horas. Tamén contaremos a axuda de Rudi e os seus amigos. Rudi, o noso protagonista, é un canciño ao que acompañaremos durante a súa xornada, nun día de colexio coma outro calquera. No libro comézase explicando as funcións das agullas do reloxo, despois explícanse as horas en punto, logo as horas e media e despois as horas e cuarto. Por último faise o percorrido polo día a día de Rudi, durante o cal se lles van plantexando aos lectores diversas preguntas, como por exemplo: que hora marca o reloxo que leva Rudi? Estas preguntas son moi útiles para reforzar o aprendido.



Potencialidades: O tempo é un concepto abstracto, difícil de comprender para os mais cativos. Aos nenos e nenas resultaralles máis fácil e divertido familiarizarse co funcionamento do reloxo con este libro, xa que poden interactuar con el, ademais de aprender novos conceptos ou repasar, ao mesmo tempo, conceptos xa adquiridos como as formas, os números, os animais etc. polo que se trata dun material de gran utilidade para traballar cos máis pequenos, tanto na aula como na casa. 

luns, 3 de abril de 2017

Os Tres osos

Xosé ballesteros(1956)Los tres osos, ilust.Miguel Tanco,Vigo:Kalandraka,Libros para soñar,(+4 anos)[44 pp.](IISBN 978-84-8464-664-8)



Breve descrición do formato e contido  da obra:Libr ilustrado,de tamaño cadrado(22x22cm), con pouco grosor.A cuberta e a contra cuberta son de tapa grosa na cuberta pódese  observar a imaxe tres osiños sentados na herba observando unha bolboreta. O título vén amosado como unha escaleira ,e o nome do autor e ilustrador aparecen  enriba da bolboreta.O nome da editorial aparece o fondo,a esquerda. Na contracuberta aparece o debuxo dunha casa rodeada de árbores e logo na parte do fondo a esquerda volve a aparecer o nome da editorial.
No interior do libro xa se nos amosan as ilustracións dos nosos protagonitas,son imaxes sinxelas, coloridas en forma de collage que pretenden achegarse a un público máis soñador e con ganas de coñecer que é o que lles vaia acontecer os nosos protagonistas.As follas do libros nas que están impresas as ilustracións son grosas e de textura suave ,sen letras . A partida da historia comeza cunha familia composta por tres osos que vivían no medio do bosque .Papá oso era moi grande,mamá osa media e o osiño era pequrrechiño.Un día mamá osa preparou tres pratos de sopa para a hora do almorzo,pero como estaba tan quente decidiron ir dar unha volta ,acto seguido apareceu unha  rapaza loura e con rizos que na procura dunha flores acabárase  perdendo no bosque,vendo a fermosa casa branca decidiu entrar sen permiso , atopandose cunha mesa con tres cadeiras,tres pratos,tres culleres .Famenta a pobre nena, decidíu probar o primeiro prato que era o máis grande ,como estaba moi quente non quixo seguir asíque se foi cara o prato mediano ,pero este estaba frío polo que acabou por tomar o prato pequeno que era o que mellor estaba .Máis tarde entroulle sono  polo que decidíu sentarse nunha das cadeiras:a primeira, a de papá oso estaba demasiado dura,a segunda demasiada branda e por último probou a do osiño que era na que mellor estaba pero o pouco rato a cadeira acabou por romper.Cabreada polo suceso a pequena foi para o dormitorio onde volveu a atopar tres camas a primera ,de papá oso,era moi grande e non podía nin sequera subir,a segunda,de mamá osa, era moi baixa e por último a do osiño era a máis cómoda polo que se quedou durmida .Pasado o tempo voltaron a casa os tres osos e viron todo o acontecido,crendo que era un ladrón dispuxéronse a atacalo no dormitorio pero o chegar alí encontraronse coa pequeniña que estaba a durmir,pero co uido espertou temerosa e atopou a familia osezna .O final acaba con que a pequena se fai amiga do osiño e volta para a súa casa .



Potencialidades: é  un libro didáctico,cargado de elementos símbolos como a casa o seu entorno,a familia,os parentescos,a educación ,o número tres ,os diferentes tamaños. Nas ilustacións o xogo dos tamaños ten un gran papel ,xa que nos amosa un bosque grande e tétrico ,fronte a unha neniña tenrra e pequerrechiña.Con este libro podemos aprender os números,os diferentes tamaños(pai oso alto,nai osa mediana,osezno pequeno).As diferentes texturas(silla dura,branda ou normal),a tempetatura(moi quente, moi frío ,temperán)

Mamá,de que cor son os bicos ?

Elisenda Queralt(2008), Mamá ,de qué color son los besos?, ilus.Carla Pott, Itsimagical(Imaginarium), col.Soñando cuentos, (4-8 anos)



Breve descrición do formato e contido da obra:Libro ilustrado,de formato cadrado(21x21cm),de pouco volume.Consta dunha cuberta e contracuberta, ámbalas dúas de tapa grosa. Na cuberta amósasenos o título do libro en forma de arco iris ,cun corazón a esquerda o nome da autora e da ilustradora.  As follas son grosas e de textura suave,as ilustracións son chamativas e intentan achegarnos a un público máis novo,outro aspecto a destacar e que predomina unha amplia gama de cores presentes en todo o libro  A historia comeza con que eran as nove, e coma cada noite ,Pablo tornaba a cama da súa nai e preguntóulle -!Como disfrutaba de aquel calor tan familiar y a la vez tan especial!-.A súa  nai  mirouno de reollo e él  le preguntoulle- Mamá,de que cor son os besos?-e súa nai respondeulle que  hai besos de todas as cores xa os podemos coñecer Así yo conta a mamá a Pablo o protagonista de esta dulce e tenrra historia...Xunto a él descubrimos que hai besos amarillos, esos que son cálidos e intensos e por suposto besos de cor azul,os máis suaves e esponxosos...E así ata coñecere que existen tantas cores nos besos que coma corses do arco iris .

Potencialidades:  é un libro didáctico no que nos amosan diferentes elementos a destacar ademáis de valores, os elementos da banda deseñada adáptanse a un público novo e atraído polas cores que destacan as diferentes cores asociados os besos ,ademais de asociarse os distintos estados de ánimo e transmisión de emocións .Os besos vermellos:alegría frescura,amor;os besos
laranxas:vitalidade,enerxía,forza;os besos amarelos:calidez e compaña ;os besos verdes:esperanza,estabilidade;os besos azuis:calma,tranquilidade,serenidade, confianza;os besos morados:tristura,confusión;os besos brancos:silencio,paz,tranqulidade.Outros aspectos a destacar son  o amor, as ligazóns entre a familia e o amor incondicional dunha nai polo seu fillo

sábado, 1 de abril de 2017

El ELEFANTE ENCADENADO

 Bucay, Jorge (2008), El elefante encadenado, ilust. Gusty, Editorial RBA Libros, S.A, ( de 5 a 8 anos), [40 pp.] (ISBN: 978-84-7901-666-1).

     Breve descrición do formato e contido da obra.

En canto ó formato, trátase dun libro cun tamaño grande, cos cantos en ángulo recto e forman unidade co resto do libro, de tapa dura, consta de 40 páxinas cunhas ilustracións que ocupan a maioría do espazo; cada páxina ten una estrutura diferente; o que lle ofrece dinamismo ao conto. Aínda que é unha narración o protagonista diríxese ao elefante nunha ocasión.
Desde que é un neno, o protagonista desta historia pregúntase por qué o gran elefante do circo, non se libera da pequena estaca á que o atan despois de cada función. Un día un home moi sabio dille que o elefante non marcha porque leva atado desde que era moi pequeno. Daquelas intentouno pero non tiña forzas suficientes para desprenderse dela e desde entón pensa que aínda non o pode facer.






  ·Potencialidades.

É un conto de autosuperación, a través dunha historia de frustración pola falta de coñecemento das posibilidades propias. As ilustracións son moi descritivas o que fan que empatices co libro dunha forma especial.A súa narración fai que o conto vaia despacio e á hora de contalo utilices un ton de voz pouco elevado.
Nel fálase do circo; por unha parte, desde o impresionante que resulta para un neno ver as diferentes actuacións dos animais facendo cousas incribles e por outra o sofremento e opresión dos mesmos ao estar presos, producindo tristeza por eles.
Deixa unha mensaxe de ánimo, dando por consello a mellora continua na nosa vida, aprendendo cousas novas que nos fan máis fortes. Debemos aprender dos erros para superarnos a nós mesmos e así, liberarnos da estaca.