CROCODILO NAMORADO
Texto e ilustacións: Daniela Kulot, 2000 ; Traducción: Marc Teger e Pilar Martínez, 2007; Editorial: Faktoría K de Libros; PRIMEIRA EDICIÓN: maio, 2007
(ISBN: 978-84-935122-4-8)
Breve descripción do formato e contido da obra: Este conto é un álbum ilustrado de pouco volume que conta con dúas tapas duras de cartón. A cuberta presenta a imaxe dos personaxes da historia, onde Crocodilo está dándolle unha aperta a Xirafa, mentre a colle da perna. O que máis destaca na imaxe representada é a diferenza de tamaño que podemos apreciar entre un e o outro. A Crocodilo véselle enteiro, mentre que a Xirafa soamente se lle ven as súas pernas longas e o seu tronco.
Debaixo de esta imaxe, aparece o título da historia "Crocodilo namorado", e porriba da imaxe, o nome da ilustradora do conto, Daniela Kulot.
Este libro conta con un total de 25 páxinas, nas que a historia está representada a través de imaxes e dun pequeno texto.
As imaxes ocupan casi a totalidade da folla e repitense en todas as páxinas do libro. O mesmo lle pasa ao texto, haino en todas as páxinas do conto, pero soamente ocupan dúas ou tres liñas na parte superior na inferior ou no na parte central de cada unha das páxinas.
Hai días que Cocodrilo está inquedo. A veces ten frío, a veces ten calor, a veces está moi triste... O que lle pasa é que está namorado. Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella un tanto peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é ahí onde Crocodilo emplea toda a súa maña, co obxetivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.
Potencialidades: É un libro moi interesante e moi entretido para os máis pequenos xa que está cheo de humor, e eso aos nenos encántalle.
Está moi ben que os nenos lean este conto, xa que lles ensina que o mundo é para todos igual e non debe haber ninguna diferenza. Tamén dun certo modo, anima aos cativos a conseguir todos os soños que teñan, xa que como Crocodilo quería chamar a atención de Xirafa, no parou ata conseguilo, porque como ben ensina esta historia, o amor non entende de tañamos, de razas nin de cores.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarUn libro fantástico que se pode acompañar coa súa canción que podemos escoitar en youtube:
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=oqSKTm-sb50