luns, 10 de abril de 2017

OSIÑO E GANSO


OSIÑO E GANSO 


1997 HAPPY BOOKS- MILÁN; Editorial: EVEREST GALICIA, S.L. - A CORUÑA; Ilustracións: Maurice Pledger; Textos: Esperanza Moreiras. (ISBN: 84-403-0323-8)





Breve descrición do formato e contido da obra: Este conto é un pequeno libro que está presentado entre dúas pastas duras de cartón. Na súa cuberta principal aparece unha imaxe do osiño e do ganso, que son os protagonistas da historia.  

O libro conta con soamente 10 páxinas, nas que se presenta a historia a través de imaxes e dun pequeno texto. 
O texto é bastante breve e atópase situado nas páxinas impares da historia, ocupando menos da metade da parte superior de cada una de elas, mentres nas outras soamente aparecen imaxes, que cubren a totalidade da páxina.























A maior parte do texto é un diálogo, no que o protagonista do conto, o Osiño fala cos demáis animais que se vai atopando. Tamén aparece nalgunhas ocasións a figura do narrador. 

O osiño vai de viaxe para coñecer a natureza. Nesta viaxe conta ca compaña dun ganso, o cal o leva á granxa na procura de aventuras. 
Según van paseando por os diferentes rincóns da granxa, vanse atopando a diferentes animais dos cales se van facendo amigos. Cando o osiño cansou marchou co ganso da granxa, contentos coma perdices por acabar o día cunha chea de amigos novos. 


Potencialidades: É un libro bastante interesante para os máis pequenos, xa que intrigalle a situación de a ver a quen se atopa na siguiente vez. 
Tamén aprende os diferentes animais e os seus ruídos naturais. 
É un conto bastante pequeno, polo que os nenos non se aburrirán. 
En canto as imaxes que representan a historia, creo que están moi ben representadas, xa que se ve con claridade e sen necesidade do texto o que vai acontecer. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario