luns, 10 de abril de 2017

Calimero, el día del padre

Calimero, el día del padre


Nino Pagot, Toni Pagot e Ignacio  Colnaghi (2015). Calimero. el día del padre, ilust. Nino e Toni Pagot, Francia, Editorial Planeta S.A. (3+), [ISBN: 978-84-08-15274-3]



Este conto é un álbum ilustrado, xa que se pode ver como ten imaxes e letra. Ao longo do conto podemos ver como unha páxina é dedicada a imaxes grandes, con colorido, resaltan os presoaxes xa que teñen a cabeza máis grande que o corpo, e por outto lado na outra páxina está o texto con letras bastante grandes. O formato do libro é de tamaño mediano e forma cadrada, as tapas son duras e as páxinas suaves. Na cuberta podemos ver como sae Calimero co seu pai cun fonde verde, transmite alegría; mentres  que na contracuberta saen todos os personaxes que son mamá, papá, Calimero e os seus amigos. Aparecen nun fondo verde tamén e un mini resume do conto.


Este conto trata sobre unha amiga de Calimero, Priscila, que lle ensina aos seus amigos o que lle vai regalar a seu pai polo día do pai. Todo comeza cando a Calimero se lle caen ao chan as figuritas que lle iba regalar Priscila e estas rompen. A nena cando estaba a punto de chorar, aniárona a que lle representara o seu musical preferido como regalo, despois de tanto ensaiar e traballar Priscila dalle o seu regalo a seu pai.


As potencialidades que vexo neste conto son traballar o día do pai, neste día podemos facer uns detalles para os pais por exemplo. Aínda que por outra parte podemos traballar a cooperación en grupo, axudándonos uns aos outros nubha tarea, ou realizar unha obra de tear¡tro en conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario