DE CORES E DE AMORES
Docampo, Xavier P., Cobas Xosé (2005). De cores e de amores, ilust. Fausto Isorna, Vigo: Editorial Galaxia, [15 pp.] (ISBN: 9788482888606).
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado non narrativo de pequeno formato (20 x 16). As cubertas son ríxidas e de tapa dura con esquinas sobresaíntes.
Na cuberta pódese ver a imaxe do que parece unhas pingas de cores e unha mancha de cor vermella,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro, O título do libro está dividido en dúas partes pois no centro ten a imaxe da cuberta. Na parte inferior atópanse os nomes dos autores. No lomo podemos apreciar como unha sucesión da cuberta, pois neste caso vemos outra vez pingas de cores e unha mancha azul, ademais dun texto que nos pode dar a entender de qué pode ir o interior do conto.
Nas gardas, tanto na anterior como na posterior están cubertas por cores de diferentes tons, máis azuis na parte anterior e máis alaranxado na posterior.
Referíndonos ao contido da obra esta esta composto por pequenas imaxes dispostas ao longo das páxinas ocupando sempre o espazo de dúas láminas. Estas imaxes só son pingas de cores que fan diferentes xestos (xuntarse, mezclarse...) As letras con grandes e situadas en lugares de fácil visibilidade, normalmente ocupando as dúas láminas.
Este conto fala do amor, e da diversidade que hai nel. Fálanos da necesidade de querer e de ser queridos, sexa cal sexa a nosa cor, e xuntos faremos novas cores.
Potencialidades: Un libro que fala sobre a importancia do amor e de sentirse queridos, ademáis fala da diversidade pois cada pinga é dunha cor, cores que se xuntan e dan lugar a novas cores ou ata cousas tan máxicas coma o ceo, os paxaros… “Das cores do amor, e de amores de todas as cores”
Ningún comentario:
Publicar un comentario