luns, 10 de abril de 2017

Yared e a reciclaxe

YARED Y EL RECICLAJE

Sánchez Meli (2005). Yared y el reciclaje, ilust.  Pablo Álvarez, Vigo: Nova galicia edicións, [12 pp.] (ISBN: 9788496950795).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario divulgativo expositivo de gran formato (20,5 x 25). As cubertas son ríxidas de cartón duro e con esquinas sobresaíntes e puntiagudas.
IMG_20170410_195943.jpg
Na cuberta pódese ver a imaxe de Yared levando lixo ao contenedor,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro. O título do libro está na parte superior do mesmo. Na parte inferior atópanse o nome da autora, ilustrador e editorial. No lomo aparecen a imaxe dos tres contenedores de reciclaxe (verde, azul e amarelo). Nas gardas, tanto na anterior como na posterior están cubertas imaxes de diferentes contenedores dispostos sobre un fondo azul.


Referíndonos ao contido da obra esta esta composto por grandes imaxes dispostas ao longo das páxinas, ás veces chegando a ocupar dúas láminas. Estas imaxes representan o que dí o texto. As letras son de tamaño mediano e con bastante texto.

Este álbum fálanos sobre a reciclaxe e como ésta se leva a cabo. Pois Yared e un neno que nunca reciclou e non sabe como se fai. Por iso os seus pais e irmáns lle explican como é o proceso da reciclaxe.

IMG_20170410_195955.jpg

Potencialidades: Un libro diferente, que nos recorda a importancia da reciclaxe para o planeta.
Considero que se poden traballar moitos aspectos unha vez presentado o conto na clase, como reflexións, actividades de reciclaxe, a reciclaxe na aula e nos fogares...


Ningún comentario:

Publicar un comentario