Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado, encadernado en cartoné, de forma cadrada que mide 20 x 20 cm, con láminas grosas.
Na cuberta aparece o título do libro: Yo mataré monstruos por ti, o nome do autor, a ilustradora, a editorial e unha imaxe na que se presenta as dúas protagonistas da historia. Na contracuberta aparecen unha serie de preguntas que teñen relación co conto, a web da editorial e o ISBN.
O conto ten 32 páxinas cun texto predominante nalgunhas ocasións e cunha caligrafía un pouco complicada para os primeiros lectores. As ilustracións aparecen con tonos pastel a través das cales podemos percibir unhas imaxes doces que fan que nos sintamos inmersos na obra.
Nárrase a historia de Martina, unha nena que ten medo a escuridade e está convencida de que debaixo do chan hai unha civilización de monstros. O que non sabe e que nese outro mundo o seu reflexo, neste caso Anitram (Martina á inversa) ten exactamente os mesmos medos e tamén está convencida de que debaixo dela hai unha civilización de humanos.
Unha noite os brazos de ambas as dúas saíron das súas camas e de repente abriuse un burato negro deixando que as súas mans se tocasen. Déronse conta de que tiñan medo de algo que non coñecían. Dende aquel día, cada noite se dan a man.
Potencialidades: Esta é unha obra na que se tratan especialmente as emocións. Temos que recoñecer os propios medos e saber como afrontalos. As veces temos medo de cousas polo simple feito de que non as coñecemos pero se somos atrevidos podemos deixar atrás todo o que tememos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario