En canto ó formato, trátase dun libro cun
tamaño grande, cos cantos en ángulo recto e forman unidade co resto do libro,
de tapa dura, consta de 40 páxinas cunhas ilustracións que ocupan a maioría do
espazo; cada páxina ten una estrutura diferente; o que lle ofrece dinamismo ao
conto. Aínda que é unha narración o protagonista diríxese ao elefante nunha ocasión.
Desde que é un neno, o protagonista
desta historia pregúntase por qué o gran elefante do circo, non se libera da
pequena estaca á que o atan despois de cada función. Un día un home moi sabio
dille que o elefante non marcha porque leva atado desde que era moi pequeno. Daquelas
intentouno pero non tiña forzas suficientes para desprenderse dela e desde
entón pensa que aínda non o pode facer.
·Potencialidades.
É un conto de autosuperación, a través dunha
historia de frustración pola falta de coñecemento das posibilidades propias. As
ilustracións son moi descritivas o que fan que empatices co libro dunha forma
especial.A súa narración fai que o conto vaia despacio e á hora de contalo
utilices un ton de voz pouco elevado.
Nel fálase do circo; por unha parte,
desde o impresionante que resulta para un neno ver as diferentes actuacións dos
animais facendo cousas incribles e por outra o sofremento e opresión dos mesmos
ao estar presos, producindo tristeza por eles.
Deixa unha mensaxe de ánimo, dando por
consello a mellora continua na nosa vida, aprendendo cousas novas que nos fan
máis fortes. Debemos aprender dos erros para superarnos a nós mesmos e así,
liberarnos da estaca.
Lendo a descripción do contido desta obra teño que recoñecer que me resulta un conto bastante interesante para leer, non só con nenos, sinon para min mesma. Eu non coñecía este libro e o millor por o número de páxinas poderíame resultar algo extenso para empregar con nenos de 4-5 anos posto que lles pode resultar extenso e mesmo poden desconectar do fío da obra. Tal vez con nenos de 6 anos en adiante estaría ben empregalo, máis que nada porque como resalta miña compañeira Iria, é un conto co que poderíamos traballar o tema da frustación, algo que se dá nos cativos, a superación e as gañas de seguir loitando por os nosos soños e metas que nos plantexamos ao longo das nosas vidas e o feito de nunca renderse.
ResponderEliminar