Juan Darién ( 2009), A guerra dos números, ilust. Juan Darién, trad. Marisa Núñez, Pontevedra. OQO editora. [48 páx].(ISBN 978-84-9871-154-7).
Breve descripción do formato e contido da obra: Este conto trátase dun album ilustrado que ten forma cadrada e tamaño mediano. As tapas son duras e as puntas redondeadas. Este conto ten moi pouca letra, as imaxes son grandes na que soen ser os números en determinadas situacións e o fondo sempre da mesma cor, marrón clariño. Na cuberta podemos ver o número un coa súa arma o signo menos, montados nunha espcie de cochecito en forma de submarino con hélices e no medio o títullo do conto, o fondo e laranxa, una cor que predomina bastante no conto. Esta cuberta indica o número un en plena acción de usar a súa arma contra os demais números. Por outro lado na contracuberta sae un maletín en pequeno nun fondo laranxa.
Este conto conta a historia do número UN no que era moi peuqeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible, o signo Menos. Este fixo inferior a todos os números e aos Ceros fíxoios esclavos pero isto saiulle mal. Finalmente os Ceros reveláronse, perdoaron ao UN e explulsaron ao Rei Menos, con isto descubriron que entre a unión do UN e o Cero apareceu o número Dez.
Potencialidades: Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática restar, achéganos á locura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Con isto podemos traballar a non discriminación dos demais, que cada un é dunha maneira pero ni¡on por iso o debemos tratar diferente, que en grupo podemos chegar máis lexos.
Por outra parte podemos traballar o comezo da aprendizaxe dos números, xa que o tema principal son os números.
Por outra parte podemos traballar o comezo da aprendizaxe dos números, xa que o tema principal son os números.
Ningún comentario:
Publicar un comentario