EDU YA NO QUIERE LLEVAR PAÑALES
Bie, Linne (2009) Edu ya no quiere llevar pañales; trad. Bourgeois Bertín, Élodie; Editorial Juventud S.A. (+24 meses) [24 pp.] (ISBN: 978-84-261-3799-9)
BREVE DESCRIPCIÓN DO CONTIDO E DA OBRA: Albúm ilustrado da editorial Juventud. Conta con tapas duras, de certo grosor e ten forma cadrada cas puntas arredondadas. Ten peso lixeiro polo que é de fácil manexo. Na cuberta do libro atopamos unha imaxe de Edu sentado no seu ouriñal, desenrolando o papel hixiénico enriba do seu osiño de peluche. Aparece o título do libro en letras maiúsculas de cor branca e xusto debaixo aparece o nome da autora do libro en letras minúsculas de cor gris. Na parte baixa, á esquerda aparece o nome da editorial tamén en letras minúsculas e grises. Na contracuberta aparece un breve resumo da historia que trata en letras minúsculas de cor branca, e mais abaixo as cubertas doutros libros desta mesma colección. A cor do fondo, tanto da cuberta coma da contracuberta é azul claro.
Todas as páxinas do libro van acompañadas de imaxes de Edu realizando diversas accións que axudan a unha mellor comprensión da historia. A letra e bastante pequena, minúscula e de cor negro.
Cóntase a historia de Edu, un rapaz que xa non quere levar pañal porque lle pica na barriga, a súa nai o invita a facer as súas necesidades no ouriñal. Edu xoga co papel hixiénico e quere descubrir cousas novas. Edu xa é un neno maior polo que a súa nai o invita a levar calzoncillos, pero faise pipí enriba e a súá nai o cambia e lle pon uns calzoncillos dun pirata. Cando Edu ten ganas de volver a facer pipí, xa vai directo ó ouriñal e ¡non se fai pipí enriba! polo que Edu xa non necesita máis pañales.
POTENCIALIDADES: Esta historia de Edu é unha historia moi potencial para empregala cos nenos e nenas de dous anos que están a punto de deixar de usar o pañal. Esta etapa é unha etapa un pouco dura e complicada para moitos pais e nais, xa que leva moito traballo e a algúns nenos/as resúltalles moi complicado non facerse pipí enriba. Esta historia a podemos empregar para lela, observando as súas imaxes co neno/a diante, para que aprenda como se debe de sentar no ouriñal, que sepa que se algunha vez falla e non chega ó ouriñal para facer pipí que non pasa nada e que sempre hai calzóns para repoñer. A través das ilustracións podemos ensinarlle ó pequeno/a a deixar ó pañal invitándoos, por exemplo, a recrear esta historia de Edu.
Por outra banda, explicálles que se nalgún momento erra, e non salen as cousas como deberían, que non pasa nada. Errar non é grave. Neste libro vese identificado no momento en que, cando Edu se fai pipí, a súa nai non lle regaña, senón que o axuda e o invita a continuar e a seguir.
Ademais é de fácil comprensión xa que emprega un vocabulario sinxelo e é de curta duración polo que non van a precisar moito tempo de concentración para a súa lectura. Podemos propoñerlle ó neno/a unha posterior actividade de recrear a súa propia historia, como a de Edu, de cando deixou o pañal para que nun futuro lle quede de recordo, ou incluso cando comexe o colexio e algún día traballen ese tema en clase, poida contar a súa experiencia ó resto de compañeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario